Literatura Galega: Irmandades, Vangardas e Xeración Nós
Irmandades da Fala
Antón Noriega Varela (1869-1947)
Mestre e home vinculado ao agrarismo. Destacan dous títulos poéticos: Montañesas e Do ermo. É coñecido como o "Poeta da Montaña" pola temática da paisaxe montañesa na súa poesía. Na súa obra pódense distinguir dúas direccións:
- Poesía realista e costumista
- Poesía lírica pura
Ramón Cabanillas (1876-1959)
O poeta máis representativo desta etapa, alcumado o "Poeta de raza". Colaborou co agrarismo, as Irmandades e o grupo Nós. Sintetizou o mellor do noso Rexurdimento integrando dous tipos de elementos:
- Elementos procedentes da tradición.
- Elementos anovadores.
Xéneros poéticos de Cabanillas:
- Lírica: No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada (escrito en Cuba) e A rosa de cen follas.
- Narrativa: Especialmente Na noite estrelecida.
Outros autores das Irmandades
- Victoriano Taibo: Autor de Abrente.
- Gonzalo López Abente: Autor de Escumas da ribeira, Alento de raza e Do outono.
As Vangardas
1. Vangarda ecléctica
1.1 Neotrobadorismo
- Fermín Bouza-Brey (1901-1973): Iniciador do neotrobadorismo con Nao senlleira. Foi un importante colaborador do Seminario de Estudos Galegos.
- Álvaro Cunqueiro (1911-1981): A figura máis importante deste movemento. Destacan Cantiga nova que se chama Riveira e, despois da Guerra Civil, Dona do corpo delgado.
1.2 Hilozoísmo
- Luís Amado Carballo (1901-1927): Principal representante desta corrente. Obras destacadas: Proel e O galo.
2. Vangarda rupturista
- Manuel Antonio (1900-1930): De ideas republicanas e vinculado ao nacionalismo. Autor de Anacos do meu interior e Foulas. A súa obra máis importante é De catro a catro, fito fundamental da nosa literatura.
Xeración Nós
Vicente Risco (1884-1963)
Impulsor do grupo Nós. O ensaio foi o seu xénero máis representativo, con títulos como Teoría do nacionalismo galego, Nós, os inadaptados e Mittel-Europa. A súa narrativa está vinculada ao seu pensamento filosófico, abandonando o ruralismo en obras como Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros e O porco de pé.
Ramón Otero Pedrayo (1888-1976)
Cultivou todos os xéneros. A súa narrativa é a súa principal achega á nosa literatura:
- Novelas realistas: Retratan a vida da sociedade galega, como Os camiños da vida.
- Novelas culturalistas: Como Arredor de si.
- Ensaio: Salienta o seu Ensaio histórico sobre a cultura galega.
Castelao (1886-1950)
A figura máis importante, que supera amplamente o ámbito da literatura. A súa produción inclúe:
- Narrativa: Un ollo de vidro. Memorias dun esqueleto (primeira obra), Cousas (44 textos con debuxos), Retrincos (cinco contos) e a novela Os dous de sempre (protagonizada por Pedriño e Rañolas).
- Ensaio: Sempre en Galiza, a obra máis emblemática do pensamento galego.