Literatura galega desde 1975: xeracións, narrativa e autores

Outras linguas estranxeiras4,4 KB

Xeración dos 80: poesía

A Xeración dos 80 caracterízase por un decadentismo e culturismo nos seus postulados estéticos. Nesta poesía, obsérvase unha tendencia á mitificación, xunto co intimismo e o erotismo. Algúns autores destacados son:

  • Manuel Forcadela: Profecía e Música de cinza.
  • Xosé María Álvarez Cáccamo: Os cadernos da ira e Prais das furnas.
  • Ana Romaní: Palabras de mas e Arden.
  • Xela Arias: Tigres coma cabalos e Darío a diario.
  • Xavier Seoane: Iniciación e regreso e Don do horizonte.
  • Miguel Anxo Fernán-Vello: Poemas da lenta nudez e Memorias de brancura.
  • Manuel Rivas: O pobo da noite.
  • Pilar Pallarés: Sétima soidade e Livro das devoracións.
  • Ramiro Fonte: Adeus norte e Capitán inverno.

A narrativa desde 1975

Nas técnicas narrativas, os autores experimentan con recursos como a ruptura cronolóxica, o multiperspectivismo e a ausencia de argumento, xa sen o referente da Nova Narrativa Galega. A renovación e revisión temática maniféstase, por exemplo, no western.

Na literatura infantil, nos primeiros anos 80, emerxe a figura do escritor-mestre, preocupado por cubrir as carencias neste ámbito, especialmente coa introdución do galego como materia obrigatoria no ensino primario e secundario desde 1981.

A novela policíaca acada grande aceptación, con coleccións específicas creadas polas editoriais. Destaca Carlos Reigosa con Crime en Compostela.

Na novela de ciencia ficción, búscase a recreación de novos mundos baixo supostos fantástico-futuristas. Sobresae Xosé Fernández Ferreiro con Reportaxe Cósmico.

A novela de humor, ou literatura lúdica, ponse ao servizo da ironía e a crítica social. Destaca Alfonso Cáccamo con Xente de mala morte.

A novela histórica busca a reivindicación do pasado, con autores como Xesús Paredes, María Gándara e Xosé Miranda.

A narrativa dos 80: continuación e novas tendencias

Existe un continuísmo, pero aparecen novas tendencias como a memorialista, centrada na Guerra Civil. Alfredo Conde, Premio Nacional de Literatura en 1986, distingue tres etapas na súa obra: realismo social, innovación e varias tendencias temáticas (Xa vai o griffon no vento e Breixo).

Xavier Alcalá mostra un predominio da trama e do contido, con dúas fases: realismo sociolóxico e revisión da literatura de aventuras (Tertulia e Fábula).

Víctor Freixanes, procedente do xornalismo, ten como referencia os autores do realismo máxico latinoamericano (A cidade dos Césares e O enxoval da noiva).

A narrativa dos 90: o auxe da novela

A narrativa dos 90 desbanca a poesía. Darío Cabana recrea un mundo narrativo épico, especialmente na novela histórica (Morte de rei).

Suso de Toro cultiva un realismo sucio (Círculo e A sombra cazadora).

Manuel Rivas mestura o urbano e o rural, cun dominio da técnica do conto baseado na combinación de humor e lirismo, e unha forte crítica social (O lapis do carpinteiro e Un millón de vacas).

A narrativa da década do 2000

Obsérvase un incremento da novela longa, unha especialización do xénero detectivesco e un aumento de mulleres narradoras. É característica a aparición de diarios, xestionados en ocasións polos propios autores.

  • Francisco Castro: novela histórica, social e didactismo na novela xuvenil, con múltiples rexistros narrativos (Xeración perdida e Spam).
  • Diego Ameixeiras: Baixo mínimos (a súa primeira obra) e Tres segundos de memoria.
  • Teresa Moure: novela de corte intelectual e filosófico, con fondura reflexiva (Herba moura e A casa dos Lucarios).

Descargar

PDF Word HTML