Liberalismo, nacionalismo e independencia: Revolución Americana e Unificación Italiana
Liberalismo e contexto da Revolución Americana
O liberalismo político conforma o contexto da Revolución Inglesa do século XVII, cando se difunden as ideas de John Locke sobre a soberanía popular, a separación de poderes e a liberdade do ser humano. Os principios fundamentais son: división de poderes, soberanía nacional, igualdade ante a lei, liberdades, separación de Igrexa e Estado e constitucionalismo liberal, doutrinario e democrático.
Independencia dos Estados Unidos
Causas: incremento da presión fiscal, limitacións ao comercio e á industria, ausencia de representación parlamentaria e difusión das ideas liberais radicais.
Sublevación dos colonos
- 1772: os colonos organizan unha serie de comités na maioría das 13 colonias.
- 1773: prodúcese o Motín do Té en Boston.
- 1774: celébrase o I Congreso Continental.
- 1775: celébrase o II Congreso Continental.
- 12 de xuño de 1776: redáctase a Declaración de Dereitos de Virginia.
- 4 de xullo de 1776: o Congreso de Filadelfia aproba a Declaración de Independencia, redactada por Thomas Jefferson.
Guerra de independencia (1775-1783)
Os colonos sostiveron en inferioridade numérica e moi desorganizados fronte ao poderoso exército británico, coñecido polas súas casacas rojas. En 1777 derrotaron ás tropas británicas en Saratoga e recibiron o apoio de Francia e España. En 1783 asinouse o Tratado de París.
Creación dos Estados Unidos de América
En 1787 reuniuse en Filadelfia unha asemblea de delegados das 13 colonias que aprobou a Constitución do novo Estado. O texto entrou en vigor en 1789. Na nova Constitución recóllense os principios básicos do liberalismo, como a separación de poderes, a igualdade xurídica e a concesión de dereitos e liberdades individuais como a propiedade ou o habeas corpus. O primeiro presidente foi George Washington.
Congreso de Viena (1814-1815)
Tivo lugar entre outubro de 1814 e xuño de 1815. Foi convocado polo emperador austríaco Francisco I e polo seu canciller Metternich, co obxectivo de restablecer as fronteiras de Europa tras a derrota de Napoleón Bonaparte e reorganizar as ideoloxías políticas do Antigo Réxime.
Unificación italiana e Risorgimento
Despois das revolucións de 1830 e 1848, nos Estados italianos apareceu un sentimento de resistencia conxunta fronte a Austria e de pertenza a un espazo común. As sociedades secretas difundiron o ideario nacionalista, que se reflectiu culturalmente no Risorgimento. Esta conciencia nacional deu lugar á aparición de distintos proxectos. Finalmente impúxose un modelo en torno ao reino de Piamonte-Cerdeña, segundo o proxecto do conde de Cavour, primeiro ministro de Vittorio Emanuele II.
Etapas
- Anexión da Lombardía.
- Conquista de Nápoles.
- Incorporación de Venecia.
- Ocupación de Roma.
Consecuencias
Italia converteuse nunha monarquía parlamentaria. O novo reino tivo que afrontar problemas como a enemizade co Papa, debido á perda de territorios, o que provocou a ruptura das relacións coa Igrexa. Ademais, existía un profundo desequilibrio rexional entre o norte, industrializado, e o sur, rural e atrasado.