Kant: Condicións do Coñecemento, Metafísica e Idealismo Transcendental

Filosofía e ética2,88 KB

Kant afirma que as condicións empíricas son as impresións e as transcendentais son o espazo e o tempo, que están baleiros de contido empírico, pero vanse enchendo coas impresións do exterior. Todo isto fai posible a existencia de xuízos sintéticos a priori nas matemáticas. A xeometría ocúpase do espazo e do tempo e a aritmética do tempo. Os xuízos en matemáticas ocúpanse do espazo e tempo e son a priori, aumentan o coñecemento e son sintéticos.

Kant chega á conclusión de que a sensibilidade chega a recibir impresións do exterior, é pasiva. As impresións son organizadas en espazo, que é a materia, son as do exterior e forman as condicións empíricas, e a forma, son o espazo e o tempo. O resultado de xuntar espazo e forma é o que chama fenómeno.

A sensibilidade manda fenómenos ao entendemento, grazas a ela percibimos os fenómenos pero non os comprendemos. Se o percibir é función da sensibilidade, o comprender o percibido é función do entendemento. Kant pretende facer unha síntese do racionalismo e do empirismo, para el a función de entender realízase mediante conceptos, os conceptos empíricos e os puros. Polo tanto, as condicións empíricas son os fenómenos e as transcendentais son os conceptos puros.

Kant denomina á súa doutrina "idealismo transcendental", chámalle idealismo no sentido de que non coñecemos as cousas tal como son en si, e transcendental no sentido de que son a priori. Para el o coñecemento científico só se produce cando obtemos verdades universais, o obxecto é algo construído polo suxeito, e o coñecemento é unha síntese entre o racionalismo e empirismo. Pero non podemos coñecer o que só pode ser pensado, as ideas metafísicas Kant chámaas noúmenos.

Cando se formula é posible a metafísica como ciencia? Responde que a metafísica é un conxunto de xuízos acerca de realidades que están máis alá da experiencia e é imposible porque as categorías só poden usarse lexitimamente na súa aplicación aos fenómenos pero non aos noúmenos. Por iso os xuízos sintéticos a priori son imposibles na metafísica, temos xuízos a priori pero non sintéticos.

Cando as persoas nos preguntamos cousas, cando a razón aplica as categorías aos noúmenos cae nunha especie dunha ilusión transcendental e que lle leva a facer unha crítica á metafísica racionalista, por iso Kant une a razón pura e práctica.

D'Alembert e Diderot// 1770-1797 Prolegómenos a toda metafísica futura que poida presentarse como ciencia (2) e Crítica da Razón Pura (3,4). Nesta obra Kant analiza as posibilidades do coñecemento e afirma que para ser científico o coñecemento debe ter en conta os datos da experiencia. Na Crítica da Razón Práctica (7) e na Fundamentación da física dos costumes (5, 6, 8) Kant analiza o fundamento da acción moral que atopa na obediencia ao poder.

Descargar

PDF Word HTML