As Influencias do Socialismo Utópico e o Marxismo

Filosofía e ética3,62 KB

As Influencias do Socialismo Utópico

O marxismo deriva de tres fontes principais:

1. Economía Política Inglesa: ideoloxía e práctica política que considera ao individuo e a súa liberdade como o principio supremo da vida política, social e económica. Pretende realizar o valor absoluto do home como individuo por medio de garantías puramente políticas: división de poderes, sufraxio universal... Provocando na revolución industrial unha igualdade na orde política, pero unha crecente desigualdade nas demais ordes. Os seus representantes dan unha nova visión da economía:
- Adam Smith: o fundador do liberalismo económico. Defende que toda orde económica se sustenta na espontaneidade dos individuos, e condena toda interferencia do Estado. A riqueza reside no desenvolvemento industrial, sendo o único factor de produtividade o traballo. Distinguiu entre valor de uso e valor de cambio.
- Robert Malthus: realiza análises acerca das relacións que se establecen entre o crecemento da poboación e da riqueza económica.
- David Ricardo: precisou a teoría do valor-traballo, propoñendo como medida o valor do traballo (os salarios).


Marx aceptou a teoría do valor-traballo e a distinción entre valor de uso e valor de cambio, pero tamén realizou serias críticas:
  1. A economía política supón que as condicións de produción do capitalismo se atribúen a toda forma de economía, xa que a busca do propio interese é considerada característica do ser humano. Marx critica isto xa que considera que a formación dunha economía de intercambio é o produto dun proceso histórico e o capitalismo é un sistema de producción historicamente específico;
  2. A consideración de que as relacións puramente “económicas” poden tratarse en abstracto. Marx obxecta que todos estes fenómenos son tamén fenómenos sociais, que a existencia dun determinado tipo de “economía” presupón un determinado tipo de sociedade. Así, Marx desvelará que o capitalismo baséase nunha división de clases entre o proletariado ou clase obreira, e a burguesía ou clase capitalista.


2. O Socialismo Utópico: Ante a contradición práctica do liberalismo, reaccionan os primeiros socialistas:


  • Saint-Simon: a base do seu proxecto de sociedade é o desenvolvemento do traballo, os traballadores están unidos polos intereses xerais da produción. A chegada da sociedade industrial suporá a abolición das clases sociais e a supresión do Estado como instancia coactiva.
  • Charles Fourier: defende unha sociedade que tende cara a un mundo harmonioso.
  • Robert Owen: proxecta unha sociedade comunitaria utópica, baseada en lazos morais e nunha renovación pedagóxica.
  • Proudhon: considerado o líder do socialismo francés. Rexeita o dereito de propiedade, a liberdade total do traballador, é antirrelixioso e propón ademais un federalismo, entre outras cousas. Marx criticárao duramente, cualificando a súa doutrina de “socialismo conservador e burgués”.


Os movementos socialistas foron cualificados por Marx de “feudais”, “reaccionarios” e “utópicos”. O marxismo estaría fundado nas leis internas da historia, e nega a posibilidade de reforma, propugnando a revolución e a destrución de tal sociedade.

Descargar

PDF Word HTML