A Idade Moderna: Filosofía, Ciencia e Racionalismo Cartesiano
A Idade Moderna: Transformacións Filosóficas e Científicas
A Idade Moderna desenvólvese nos séculos XVII e XVIII. Nesta etapa, cambia a concepción da vida e da filosofía. O neoaristotelismo e a escolástica caen en descrédito, e os novos filósofos son con frecuencia os protagonistas da revolución científica. A teoloxía deixa paso a unha mentalidade secularizada, afastada da relixión, e o ser humano cobra protagonismo; xa non se considera a Deus o centro do universo.
O século XVII é unha etapa de crise económica, debido ás malas colleitas, e de crise política, caracterizada por revoltas e guerras. Durante o Renacemento e o Barroco prodúcese unha revolución cosmolóxica, debido a que xorden distintas teorías científicas.
Revolución Cosmolóxica e Avances Científicos
- A teoría heliocéntrica de Copérnico afirma que os planetas do sistema solar xiran arredor do Sol, opóndose á teoría xeocéntrica, defendida por Aristóteles, segundo a cal a Terra era o centro do universo.
- O heliocentrismo é apoiado tamén por Kepler, Galileo, Giordano Bruno, etc.
- Por outra banda, Galileo formulou a lei da inercia e Newton a lei da gravitación universal.
Reforma e Contrarreforma Relixiosa
A Reforma estendeuse a outro ámbito, tamén ao relixioso, xa que Lutero, no século XVI, levou a cabo a Reforma Protestante. Esta facía un chamamento á Igrexa alemá para que negase a obediencia ao Papa, e ía en contra da corrupción eclesiástica.
No século XVIII xurdiu a Contrarreforma, en contra das reformas protestantes, que culminou no Concilio de Trento, no que se reafirmaron todos os puntos da doutrina católica.
Correntes Filosóficas da Idade Moderna: Racionalismo e Empirismo
Durante a Idade Moderna desenvólvense dúas grandes correntes filosóficas: o Racionalismo e o Empirismo.
O Racionalismo: A Razón como Fonte de Coñecemento
O Racionalismo iníciase en Francia no século XVII. Considera que a principal fonte de coñecemento é a razón e defende ideas innatas (por exemplo, a existencia de Deus). Entre os racionalistas máis importantes destacan Descartes, Spinoza e Leibniz. Para todos eles, o universo é harmónico e xeométrico.
- Para Descartes, o universo é un conxunto de "Vórtices" ou sistemas solares planetarios.
- Leibniz propón a existencia das mónadas (unha serie infinita de substancias finitas).
O Concepto de Substancia nos Racionalistas
Os racionalistas entenden a substancia como aquilo que existe por si mesmo. Descartes fala de Deus como substancia infinita e de extensa e pensante como a substancia finita.
Descartes: Obras e Busca do Coñecemento Seguro
Entre as obras máis importantes de Descartes destacan: Discurso do Método e Tratado sobre o Universo. Descartes procura un coñecemento seguro.
O Método Cartesiano: Regras para a Verdade
O método cartesiano é o propio das matemáticas, un sistema axiomático que require duns principios. Descartes necesita chegar a unha primeira verdade e propón 4 regras do método:
- Regra da evidencia: Non aceptar como verdadeiro nada que non apareza na mente con claridade e distinción.
- Regra da análise: Para solucionar un problema complexo, haberá que dividilo en partes simples.
- Regra da síntese: Unha vez solucionadas as partes simples, recomponse o problema.
- Regra da enumeración: Revisión de todo o proceso.
A Dúbida Metódica: Busca da Certeza
A dúbida metódica ten a finalidade de buscar unha verdade segura e certa. Consideramos absolutamente falso aquilo que nos ofreza a menor dúbida.