Hume: A Distinción entre Ideas e Impresións no Empirismo

Filosofía e ética3,09 KB

Este texto de Hume pertence á súa obra "Investigación sobre o entendemento humano".

A Distinción Fundamental: Ideas e Impresións

Neste fragmento, o tema principal é a defensa da tese de que existe unha diferenza entre ideas e impresións. Ambalas dúas son percepcións da mente. Hume pon de exemplo as percepcións da dor pola mente cando se sente contra as percepcións da dor pola mente cando se recorda esa dor. Esta explicación fainos admitir que existe unha diferenza física e psicolóxica respecto a estes dous termos. O que demostra a forma de pensar de Hume é que só acepta por verdade o real o que pode demostrar dun xeito empirista: sentilo ou velo.

O Empirismo de Hume

No empirismo destacan Locke e Hume, e esta corrente filosófica sostén que a experiencia sensible é a única fonte válida do coñecemento humano e nega a existencia de ideas innatas. Hume di que a nosa mente é coma unha folla en branco que se enche cos contidos de experiencias aprendidas ao longo da vida. Para os empiristas, a verdade obtense por indución a partir dos casos particulares e só ten carácter probable. O coñecemento non pode ser absoluto.

Empirismo vs. Racionalismo

O empirismo ten unha concepción das posibilidades máis modestas que as do racionalismo, o cal afirma a existencia de ideas innatas desde as que deducir a totalidade do coñecemento. Estas ideas son totalmente contrarias ás do empirismo.

A Crítica á Causalidade

O empirismo ten unha impresión da relación de que un feito A (causa) vai seguido dun feito B (efecto), por iso non temos ningunha impresión que se corresponda á idea de conexión necesaria (causalidade). A idea de conexión necesaria para Hume é froito da imaxinación, pois ao observar repetidas veces que un fenómeno segue outro fenómeno case instantaneamente despois de que ocorrera o primeiro, tendemos a considerar, levados pola costume, a asocialos e supoñer que sempre suceden así.

Exemplo da Causalidade e a Distinción

Por exemplo, neste texto fálase da dor sufrida por un home e que logo lembra. Poñamos por caso un home que se fai dano ao acender varias veces un mechero. Ao prender o mechero varias veces ten como consecuencia que o ferro se quente polo lume que bota o mechero ao reaccionar unha chispa con gas e relacionámolo: Lume = quecemento do metal = queimadura. É dicir, se tocamos o metal despois de acender varias veces o mechero, queimámonos. Sen embargo, ao pensar en nós mesmos acendendo o mechero varias veces e achegando a man ao metal, non nos provoca unha queimadura.

Conclusión Persoal

Eu creo que iso é o que Hume intenta transmitirnos: a diferenza entre as ideas e as impresións nas que percibimos cousas e sensacións parecidas pero con matices.

Eu penso que a tese que Hume expón é aceptable, xa se pode ver no meu exemplo (o metal e o mechero). As ideas son copias mentais das nosas impresións, que son captadas polos sentidos.

Descargar

PDF Word HTML