Lesións deportivas
Lesións musculares e tendinosas
- Cámarra (calambre): contracción espontánea, dolorosa e transitoria do músculo. (Abandono da actividade e estiramento progresivo do músculo).
- Maniotas: microlesión muscular. (Actividade física moderada).
- Contractura: contracción involuntaria, inconsciente, dolorosa e permanente do músculo. (Abandono da actividade, repouso ata a mellora e, se persiste ou empeora, acudir ao médico).
- Elongación muscular: estiramento súbito e violento do músculo que provoca microrroturas. (Abandono da actividade, aplicación local de frío —crioterapia—, vendaxe e repouso de 5 a 10 días; volta progresiva á actividade sen dor nin contractura).
- Ruptura muscular (desgarro): ruptura parcial de fibras musculares. (Abandono da actividade, crioterapia, elevación, repouso dun mes ou máis e acudir ao médico).
- Ruptura muscular total: desgarro total do músculo. (Abandono da actividade, inmobilización e acudir urxentemente ao médico).
- Desinserción muscular: arrancamento do tendón na súa inserción do óso. (Abandono da actividade, inmobilización e acudir urxentemente ao médico).
- Contusión muscular: esmagamento ou ruptura do músculo por golpe cun obxecto contundente. (Abandono da actividade, crioterapia e vendaxe compresiva; se é leve, trátase como unha elongación; se é máis grave, como unha ruptura).
- Tendinite: inflamación do tendón. (Repouso, crioterapia varias veces ao día e, nalgúns casos, inmobilización).
Lesións articulares
- Contusión articular: lesión por impacto directo na mesma. (Abandono da actividade, repouso, inmobilización e crioterapia).
- Escordadura (esguince): distensión con ou sen ruptura parcial ou total dos ligamentos. (Repouso, elevación, crioterapia, vendaxe compresiva e acudir ao médico).
- Luxación: separación das superficies articulares. (Non recompoñelas, inmobilizar o membro na posición na que se encontra e traslado ao hospital).
- Condropatías e meniscopatías: alteracións na cartilaxe articular e nos meniscos. (Traslado ao hospital).
Lesións óseas
- Fractura: rotura total ou parcial do óso.
- Pechada: as partes do óso roto non saen ao exterior.
- Aberta: as partes do óso roto rompen a pel e saen ao exterior. (A vítima non debe realizar ningún movemento; inmobilizar o membro como se encontra e non recolocar a fractura).