Guía Completa de Elementos Clave para o Comercio
Elementos Clave do Establecemento Comercial
- 1. Non é simplemente un lugar destinado á presentación de artigos: escaparate.
- 2. Non debe ser opaca: fachada.
- 3. Debe coidarse o seu deseño: rótulo.
- 4. A súa función máis importante é atraer o cliente: escaparate.
- 5. É a cara do establecemento: fachada.
- 6. É o mellor reclamo da tenda: escaparate.
- 7. Constitúe unha importante atracción visual: escaparate.
- 8. Debe ser ancha: entrada.
- 9. É o elemento exterior que permite a identificación: rótulo.
- 10. Debe estar limpa: fachada.
- 11. Debe mostrar poucos artigos: escaparate.
- 12. Debe ser transparente: entrada.
- 13. Debe ser revelador: escaparate.
- 14. Súa utilidade máis importante nos comercios tradicionais: escaparate.
- 15. Contén o nome completo: rótulo.
- 17. Debe ser renovado con frecuencia: escaparate.
- 18. Non debe faltarlle ningunha peza: rótulo.
- 19. Non debe ter escaleiras: entrada.
- 20. Deberá colocarse pensando no sentido da circulación: entrada.
- 21. Paso físico: entrada.
- 22. Permite ver como son realmente os produtos: escaparate.
- 23. Debe estar sempre aberta: entrada.
- 24. Debe ser grande: escaparate.
- 25. A súa finalidade principal é invitar a entrar: fachada.
- 26. Non debe quitar espazo: escaparate.
- 27. Debe contar cun letreiro: fachada.
- 28. Debe estar deseñada para que sexa atractiva: entrada.
Fachada vs. Interior do Establecemento
Ambos son importantes.
A fachada é a cara do establecemento, e un elemento clave na súa imaxe. A súa finalidade principal é invitar a entrar, atraer cara ao interior da tenda, que é o que realmente vende.
No interior, os produtos deberán dispoñerse de forma ordenada e atractiva, para dar unha sensación agradable e cómoda, que invite os clientes a permanecer no establecemento o tempo necesario para observar todos os produtos.
Importancia do Escaparate en Establecementos Comerciais
En que tipos de establecementos comerciais cres que resulta máis importante un escaparate? Indica as razóns.
Tipos:
- Nos comercios tradicionais.
- Nas compras non alimenticias.
- Nas orientadas a comportamentos de diversión e ocio.
Razóns:
- Nos establecementos que venden produtos que non son de primeira necesidade, deberá haber un estímulo para que os clientes compren.
- Son establecementos que han de seguir a moda e as novas tendencias, polo que deberán expoñer os produtos no escaparate.
O Emprazamento do Local: Unha Decisión Estratéxica
Porque elixir o emprazamento e poñer en marcha un negocio implica moito tempo, esforzo e diñeiro. É o primeiro factor que pode facer rendible ou non un negocio.
Se o emprazamento se elixe mal, por moito que se faga despois será difícil, senón imposible, conseguir que a tenda funcione, xa que é unha decisión que non se pode cambiar facilmente.
Hipermercados: Entrada Única e Fluxo de Clientes
Porque é a forma de dirixir o fluxo de clientes dentro do establecemento. Vaia o que vaia comprar (lista da compra), obrígalle a entrar por un lateral e así percorrer gran parte da superficie de vendas antes de dirixirse á liña de caixas, o que incrementará a probabilidade de que merque máis do que tiña pensado ao visualizar moitos máis produtos no citado percorrido.