O Galego a Finais do S. XX e Comezos do XXI: Marco Legal e Situación Sociolingüística

Lingua e literatura2,61 KB

O Galego a Finais do S. XX e Comezos do XXI

Marco Legal e Normalización

Coa Democracia nace un novo marco legal grazas ao que se amplían os usos do galego e se elabora a norma estándar. A nova situación lexíslase nos seguintes textos:

  • Constitución española (1978): establece o castelán como lingua oficial do Estado e a cooficialidade de linguas nas comunidades con lingua propia, se así o decretan os seus estatutos de autonomía.
  • Estatuto de Autonomía (1982): declara o galego como lingua propia de Galicia e cooficial co castelán, e establece a obriga dos poderes públicos de promocionalo e impide a discriminación polo uso da lingua.
  • Lei de Normalización Lingüística (1983): recolle as bases do proceso de normalización, desenvolve os dereitos lingüísticos e regula o uso oficial do galego nas diferentes administracións e servizos (Xunta, Parlamento, concellos, medios de comunicación, ensino).
  • Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004): constituído por 445 medidas para potenciar o galego.

(As leis agochan un desequilibrio a favor do castelán, única lingua para a que se establece o dereito de usala e o deber de coñecela).

Avances e Desafíos Sociolingüísticos

Na etapa democrática acadáronse avances significativos na normalización do galego, presente en ámbitos antes impensables e mellor valorado que en épocas anteriores. Con todo, seguen existindo prexuízos e unha situación de diglosia, cun claro desequilibrio a favor do castelán.

Análise por Sectores

Analizamos a súa presenza nos principais sectores:

A Lingua Galega na Administración

Na Administración avanzouse no uso do galego de xeito desigual: a Xunta e o Parlamento están case normalizados na escrita e no uso oral dos altos cargos (aínda que ultimamente se está a producir un retroceso). Tamén foi significativo o avance na Administración municipal, cunha progresiva galeguización nas últimas décadas.

Pola contra, a Administración de Xustiza é reacia (cando non hostil) ao uso do galego (a presenza do galego nos xulgados ronda o 3%).

A Lingua Galega no Ensino

O ensino é un medio estratéxico para a normalización dunha lingua, pero no caso galego segue a funcionar como elemento desgaleguizador (Se ben asistimos a unha mellora da competencia na lectura e na escrita).

Implantouse a ensinanza da lingua galega nos niveis non universitarios desde principios dos 80, tamén como lingua oficial da administración educativa.

Descargar

PDF Word HTML