Filosofía Presocrática: Características, 'Arché' e Pensadores Clave

Filosofía e ética3,89 KB

Características Xerais dos Filósofos Presocráticos

Estes primeiros filósofos pertencen ao século VI a.C. Denomínanse presocráticos, xa que presentan unhas características comúns e Sócrates presenta unha ruptura con todos eles. Céntranse no estudo da natureza (physis), iso é algo lóxico xa que a filosofía intenta substituír as explicacións míticas. Preténdese descubrir a orixe, o principio (arché), o último e o eterno do que todo procede, do que todo se compón e a onde todo remata por volver.

O termo physis ten para estes filósofos varios significados:

  • Totalidade do que existe e non é obra do home.
  • O que cada cousa é: a esencia.

Búscase o 'arché' das cousas. As solucións destes filósofos á busca do 'arché' pódense agrupar así:

As Solucións ao 'Arché'

Monismo

  • Físico: o 'arché' é un só elemento físico e dotado de automovemento. (Tales, Anaximandro, Heráclito)
  • Metafísico: o 'arché' é algo abstracto. (Parménides)

Dualismo

  • Os pitagóricos.

Pluralismo

  • Empédocles, Anaxágoras (o 'arché' son varios elementos e existe un principio do movemento).
  • Demócrito (explicación mecanicista).

A Escola Pitagórica

O número é o principio de todo; cada cousa é o que é non polos seus elementos naturais, senón pola proporción en que se combinan. Esta proporción pode expresarse numericamente. Para a explicación da estrutura recorre á doutrina dos contrarios: as oposicións entre as cousas pódense reducir ás oposicións entre números.

Concepción Dualista do Ser Humano

Componse de alma e corpo (a cárcere da alma).

Doutrina da Transmigración das Almas

A alma é inmortal e transmigra a outros corpos. A alma vive aínda despois da morte do corpo nun mundo superior se se purifica na vida corpórea.

Empédocles

O 'arché' está constituído por catro elementos (auga, terra, aire, lume) que por si son eternos e imperecedoiros, pero combinados entre si dan lugar aos diversos seres e aos cambios. Como se explica o movemento e o cambio? Por dúas forzas cósmicas (amor e odio) que constitúen o principio de separación e ascensión dos elementos. O home é un microcosmos (un mundo en miniatura) e componse dunha mestura proporcionada de elementos.

Demócrito

Foi o iniciador do atomismo: a physis está composta por infinitas partículas chamadas átomos que só se diferencian entre si pola figura, a orde e a posición. Posúen movemento propio e espontáneo en todas as direccións. Pero requírese admitir o baleiro ou non-ser, que separa os átomos e explica o movemento. Os choques son debidos ao azar. Así, dáse a explicación mecanicista da realidade.

En contraste coa explicación teolóxica, que postula que todo ocorre por un fin, Demócrito defende unha visión baseada en:

  • Mecanismo
  • Átomos
  • Movemento
  • Baleiro
  • Azar

Heráclito: O Fluxo Constante

A realidade está sometida a un incesante cambio ou devir. O motor dese cambio é o que se denomina 'loita entre os elementos contrarios'. A realidade é un cambio e esa loita entre contrarios é o 'arché' que explica a natureza. A realidade é ordenada e esta orde xorde da oposición dos contrarios. Os dous polos en tensión dan lugar a unha harmonía fundamental. O 'arché' é o lume, que está en movemento e transforma todo o que entra en contacto con el.

Descargar

PDF Word HTML