Filosofía Política: Locke, Iusnaturalismo e Ilustración
John Locke: Empirismo e Contrato Social
John Locke é un pensador empirista do século XVII. Defende a idea de que o ser humano é social por natureza. As persoas dan orixe á sociedade civil a través do consenso, do pacto entre iguais, respectando a vontade e renunciando, en parte, á propia liberdade, coa finalidade de salvagardar os dereitos naturais: vida, saúde, liberdade e propiedade.
Aristóteles e o Home como Animal Político
Pero que o home é social por natureza xa fora un tema tratado por Aristóteles no s. IV a.C. Este dicía que o home, por natureza, é un “animal político”, ou sexa, un ser que necesita, esencialmente, convivir. Por conseguinte, a política serve para construír o mellor posible unha vida humana.
A cidade, a polis, é o espazo axeitado en que o home delibera e elixe.
Ideas Fundamentais da Organización Aristotélica do Estado
- Harmonía dos cidadáns para que se alcance o que convén a todos.
- A autarquía, que fai referencia á independencia e autosuficiencia da polis.
- A educación, que é a tarefa esencial do Estado, ten como meta crear os mellores cidadáns.
O Iusnaturalismo: Dereitos Fundados na Natureza Humana
O iusnaturalismo é unha teoría ética e un enfoque filosófico do dereito que postula a existencia de dereitos do home fundados na natureza humana, universais, anteriores á comunidade política.
Iusnaturalismo Teolóxico na Idade Media
Na Idade Media existía un iusnaturalismo teolóxico, coas normas establecidas por Deus. Tomé de Aquino no s. XIII distinguía tres tipos de leis:
- A lei eterna é o plan de Deus para o goberno do universo.
- A lei natural é a participación da criatura racional da lei eterna.
- A lei positiva, creada polo home seguindo os preceptos impostos pola lei natural.
Iusnaturalismo Racionalista no Século XVI
No s. XVI deuse un iusnaturalismo racionalista. O racionalismo considera que a razón é a principal fonte de coñecemento e defende a existencia de ideas innatas. Son formas creadas pola razón humana.
Pensadores da Ilustración e a Visión do Estado
Xa no s. XVIII, na Ilustración, tres pensadores dan a súa opinión sobre o Estado:
- Montesquieu: defende a existencia de tres poderes (Lexislativo, Executivo e Xudicial).
- Voltaire: defende a tolerancia relixiosa.
- Rousseau: antes de vivir en sociedades o home é bo e feliz; a sociedade corrómpeo. Este é un pacto para conseguir o maior ben para todos.
Conclusión: A Visión de Locke sobre a Sociedade Civil
Para Locke o ser humano é social por natureza. As persoas dan orixe á sociedade civil a través do consenso, do pacto entre iguais, coa finalidade de salvagardar os dereitos naturais: vida, saúde, liberdade e propiedade.