Filosofía de Platón: Mundo Sensible, Dialéctica e Teoría Ética

Filosofía e ética13,72 KB

Mundo Sensible

Mundo sensible: mundo visible e material/percibímolo a través dos sentidos/as cousas q. o forman non teñen verdaderos ser, xa que toman o ser das ideas/xénese do mundo sensible->timeo(cosmoloxía)/ Demiurgo:artesan que modela segundo as ideas -non pode crear da nada/mito, metáfora para explicar a acción das ideas sobre a materia/é bó e feliz, constrúe o mellor mundo posible/concepto teleolóxixa do cosmos, todo no cosmos tende a un fin -> ben/tarefa, construiu a alma cósmica.Materia eterna:é indeterminada, amorfa, sometida a movementos violentos e irregulares/non pode ser coñecida nin polos sentidos nin pola inteligencia/postulado para a orixe do cosmos; explica o movementos.Cosmos:ordenado/esférico/a Terra está no centro/esferas astrais/esfera das estrellas fixas, astros movense con harmonias músicais e proporcions numéricas/cousas do mundo sensible estaban compostas dos 4 elementos.


Dialéctica

dialéctica:consiste nunha contraposición entre unha opinión e a crítica da mesma; de tal xeito que partindo dunha hipótese vaina mellorando progresivamente coas críticas que se lle van facendo. Pero para Platón, dialéctica é tamén o método de coñecemento por excelencia. A dialéctica é un camiño ascensional que vai dende a multiplicidade cara ó unitario: -da multiplicidade sensible cara ás Ideas, -das hipóteses ós primeiros principios, -da multiplicidade das Ideas ás Ideas xerarquicamente superiores. A teoría do amor:No Banquete e no Fedro fala dunha especie de dialéctica emocional (o amor platónico) que consiste nun proceso ascendente promovido polo amor. Este amor é como un intermediario entre o divino (mundo intelixible) e o humano, por que aínda que o desexo comeza no mundo sensible (desexo da beleza física), este non se satisfai no mundo sensible, senón cando acada o intelixible. Graos do coñecemento:Platón pretende unificar nunha soa teoría o coñecemento do mundo sensible e do mundo intelixible, polo que vai diferenciar dous grandes niveis de coñecemento: -A opinión (doxa): coñecemento do mundo sensible. -A ciencia (epistéme): coñecemento do mundo intelixible. A opinión: para os gregos a opinión é un grao de coñecemento inferior á ciencia porque é inestable debido a que o seu obxecto son as realidades cambiantes, e porque non se funda en razóns sólidas. Posúe dous niveis: -A imaxinación é un coñecemento das imaxes das cousas sensibles, dos seres de ficción, dos prexuízos das tradicións acríticas. A crenza (pistis) é un coñecemento das cousas físicas obtido a través dos sentidos. Como as cousas sensibles son copias das Ideas, o coñecemento destas realidades imperfectas será tamén un coñecemento imperfecto do que non temos nin intuición nin demostración: tense a capacidade de relacionar as percepcións, pero non de sometelas a unha análise crítica.A Ciencia (epistéme): forma superior de coñecemento, porque é o coñecemento do permanente, das esencias das cousas = Ideas. Dentro deste nivel de coñecemento Platón diferenza dous graos:A intelixencia discursiva (diánoia) é o pensamento demostrativo que vai das hipóteses á conclusión e implica a capacidade de análise crítico. A intelixencia intuitiva é o tipo superior de coñecemento e consiste na captación inmediata das Ideas. O tipo de ciencia ó que da lugar é a dialéctica, que é a ciencia que coñece as Ideas e as súas relacións xerárquicas. É coñecemento dos principios absolutos e dos fundamentos da realidade. 


Antropoloxía

Antropoloxía:A preocupación básica da filosofía platónica é o ser humano considerado como cidadán (membro da polis) e de como acadar a súa felicidade. Platón, influenciado polo orfismo e os pitagóricos mantén unha concepción dualista do home: o home está composto de corpo e alma. Corpo: pertence ó mundo sensible. Ó ser terreal é visible e corruptible. Tamén é un obstáculo para que a alma acade o coñecemento das Ideas. Por iso a misión do home nesta vida é a purificación (cathársis) do corpo para poder ascender ó mundo das ideas. Alma: é inmortal. A súa actividade propia é a contemplación das Ideas, e é a verdadeira esencia do home polo que a súa antropoloxía é unha psicoloxía. A alma é principio de vida e movemento e tamén principio ou fundamento do coñecemento. Nos primeiros diálogos ( ex: Fedón) Platón parece defender un dualismo radical almacorpo, e só lle recoñece á alma a función do coñecemento racional. A alma, pola súa parte, debe opoñerse ó corpo e ás súas demandas para lograr a sabedoría. Esta concepción é demasiado simple para explicar o comportamento do home. Isto leva a Platón a adoptar unha concepción máis complexa da alma nas súas obras máis maduras (Fedro, República). Platón fala de tres partes da alma ou mesmo tres almas, porque a súa terminoloxía non é moi rigorosa que aparecen descritas no mito do carro alado. Neste mito a alma aparece representada por un carro dirixido por un auriga e tirado por dous caballos alados. Un dos cabalos é dócil, bo e belo. O outro é malo, feo e indómito. Pero o cabalo negro, pola súa propia natureza, rebélase , perde as ás, e o carro cae dende o mundo celestial no que se atopaba ó mundo sensible, e queda pechado nun corpo. A partir de entón, o desexo de todo o conxunto será purificar e dominar ó cabalo negro para poder volver ó seu lugar natural. As dimensións da alma son as seguintes: -racional (nôus): representada polo auriga que guía e controla os cabalos (as outras dúas dimensións da alma). Esta situada na cabeza. É a dimensión intelixente, a que coñece e toma decisións. -irascible ou volitiva (thymós): representada polo cabalo dócil. É a dimensión na que radican os impulsos voluntarios e os desexos de ben, xustiza, verdade e beleza que moven ó ser humano. É, por tanto, o ámbito do valor, o tesón, a coraxe... -Concupiscible ou apetitiva (epithymía): representada polo cabalo bravo. É fonte de desexos e paixóns relacionadas co corpo. Esta situada no abdome. Esta 


concepción da alma explica mellor o psiquismo humano. Sen embargo,con ela non se abandona o dualismo. A cada función da alma correspóndelle un comportamento adecuado á súa natureza; é dicir, unha virtude. Así, á dimensión racional correspóndelle a virtude da prudencia, á dimensión irascible a fortaleza e á concupiscible a temperanza que é a moderación e sometemento ós ditados da razón.  Cando todas as partes da alma se comportan deste xeito, a alma no seu conxunto é xusta e ordenada. Existe, pois, unha cuarta virtude, a xustiza, que consiste no equilibrio e harmonía das tres partes e dáse cando cada dimensión da alma cumpre coa súa función. Platón fala disto en diferentes diálogos como no Fedón, Fedro, Gorxias, e na República onde expón o mito de Er. O mito conta como a alma de Er, morto no campo de batalla, preséntase ante o tribunal para ser xulgado xunto con outras almas. As almas que están totalmente purificadas marcharán ó mundo intelixible, onde serán felices. As almas non purificadas irán ó Hades onde serán castigadas. Pasado un tempo, ante un tribunal escollen a súa nova encarnación libremente facendo caer así sobre si mesmas a responsabilidade da súa nova vida na terra. Poden elixir a reencarnación segundo o que a virtude que cada unha queira.  Como son almas aínda non purificadas non escollen a do filósofo, e moitas veces escollen encarnacións inadecuadas. Antes de se reencarnar beben auga do río e esquecen toda a súa existencia anterior. A inmortalidade é unha característica propia da alma e representa unha novidade filosófica. Para xustificala propón diferentes probas. -Pola reminiscencia: se coñecer é recordar, e ó nacer xa coñecemos as Ideas, a alma tivo que estar en contacto con elas no mundo intelixible, antes de estar pechada nun corpo, e a ese mundo retornará cando se purifique completamente. -Por non ser xerada, pois o que non é xerado, non pode perecer. -Por ser simple, pois non se pode desfacer ou dividir, e polo tanto morrer. -Por xustiza universal: pois o xusto debe recibir o seu premio e o malvado o seu castigo, cousa que non sempre acontece no mundo sensible, polo que a alma debe ser inmortal. Se a alma está pechada nun corpo contra a súa natureza, a súa tarefa será regresar ó seu lugar natural (mundo intelixible). Para iso é necesario purificarse,  Para lograr esa purificación ten catro camiños: -O amor: tendencia do ser humano cara á Idea de Beleza; -A Dialéctica; -A morte; -A vida virtuosa: a alma recupera o seu equilibrio cando se comporta de acordo coa súa natureza. 


Teoría ética

Teoría ética: A súa teoría ética é eudemónica; é dicir, a fin da vida humana é a felicidade. Todas as doutrinas morais gregas son naturalistas: consideran bo o natural e malo o que vai contra a natureza humana, polo que a felicidade consistirá 10 en actuar de acordo coas esixencias da natureza, buscando a súa perfección. Os sofistas tomaban como modelo para o estudio da natureza ó neno e ó animal e concluíron que o natural no ser humano é a busca do pracer e a lei do máis forte. Platón rexeita o hedonismo e o ascetismo e adopta unha postura intermedia. A vida feliz será unha vida de sabedoría e temperanza. Tamén se pregunta que é a virtude, esta é a capacidade ou habilidade de poder actuar de acordo coa súa natureza. Non se refire só ós seres humanos. Para os sofistas pasa a ser entendida como habilidade para lograr o éxito social e ademais democratízase. Con Sócrates a virtude pasa a referirse ó home, designando a súa capacidade de actuación no ámbito moral. En Platón virtude pode equivaler a sabedoría, pero defende un intelectualismo moral máis moderado que o de Sócrates porque non é suficiente co coñecemento, senón que a virtude tamén hai que practicala. Neste sentido virtude equivale tamén a purificación do corpo. A virtude pode ser entendida por Platón tamén como saúde da alma. Como conclusión, a virtude é entendida xenéricamente como comportamento adecuado á natureza da alma. Neste sentido as virtudes son: -Prudencia ou sabedoría é a capacidade de decidir racionalmente sobre o que é bo ou malo para o home, e polo tanto de dirixir a conduta humana do mellor xeito posible. É a virtude propia da alma racional. -Fortaleza ou valor é a capacidade de diferenciar o que se debe temer ou non unida á capacidade para manter o ánimo ante as dificultades e sacrificar o pracer ó deber. É propia da alma irascible. -Temperanza ou moderación é a capacidade de ordenar racionalmente os praceres. Comporta, polo tanto, o dominio de si mesmo. É propia da alma concupiscible. -Xustiza é o equilibrio entre as partes da alma e identifícase coa saúde. 


Teoría política

Teoría política:Platón foi o primeiro filósofo que escribiu sobre política, e a política é a súa motivación fundamental porque aínda que é certo que o fin da vida humana é a felicidade, esta só podemos acadala nunha comunidade política. Para os gregos, incluído Platón, o home é un ser social por natureza. Como dixemos a sociedade xurde pola necesidade de sobrevivir pero tamén é necesaria para acadar a perfección. Pero a felicidade non pode acadarse con calquera sistema político, senón só con un que busque o ben común e a xustiza. Só nun Estado xusto as persoas poden chegar a ser xustas, e só as persoas xustas poden dar lugar a un Estado xusto. A República é o diálogo onde fai a exposición máis completa e sistemática do seu pensamento político que xira arredor de dous principios fundamentais: -Principio de especialización funcional: cada individuo e grupo social debe dedicarse a tarefa que lle é propia. -Principio de correlación estrutural entre a alma e o Estado: ambos teñen unha estrutura tripartita. Todas as clases sociais son necesarias. Estamentos: -Os produtores: a súa misión é a produción dos bens necesarios para a vida. Son a clase inferior do Estado. Poden ter familia e propiedades. Neles predomina a dimensión concupiscible da alma, polo que a virtude que lles corresponde é a temperanza.  -Os guerreiros ou gardiáns: a súa misión é defender a polis e manter a orde interna. Neles predomina a dimensión irascible da alma e a virtude que lles corresponde é a fortaleza. A esta clase pertencen por igual homes e mulleres. Levan unha vida comunitaria, sen familia nin propiedades, que lles permite non vivir apegados ós bens concretos. Os mellor dotados será elixidos para ser educados como gobernantes. -Os gobernantes: a súa misión é lexislar, administrar e organizar a cidade e velar pola educación. Neles predomina a dimensión racional da alma (son os que deben gobernar porque á razón correspóndelle por natureza gobernar) e a virtude que lles corresponde é a prudencia. Tampouco poden ter familia nin propiedade privada. Deste xeito os gobernantes deben ser os mellores: -Os mellores éticamente, porque son os máis prudentes e virtuosos. -Os mellores intelectualmente;os máis sabios -Os máis experimentados : son os máis maduros en años e en educación. A cidade a xustiza realízase cando cada un dos grupos sociais realiza a función que lle é propia e realízaa de xeito adecuado, por posuír a virtude que lle é propia. A xustiza é pois o fin ético e político que debe perseguir a polis 

Descargar

PDF Word HTML