Filosofía Moderna: Empirismo, Racionalismo e Ciencia

Filosofía e ética3,26 KB

Empirismo, Racionalismo e Revolución Científica

A filosofía moderna iníciase coa obra de Descartes e sofre a influencia dunha serie de movementos sociais. Desde o punto de vista sociolóxico, destaca o individualismo. Este movemento accede á filosofía dende os movementos relixiosos. O movemento da Reforma protestante reivindica unha relación directa home/Deus, e o individuo disputa o seu papel protagonista, defendendo a lectura e a interpretación persoal dos textos bíblicos.

A modernidade provoca o auxe da burguesía e o seu protagonismo económico fronte ao control gremial e estamental. O individualismo leva a filosofía a reflexionar sobre o home como individuo, non como membro dunha comunidade.

A filosofía moderna está fortemente condicionada polas ciencias experimentais (especialmente a Física), que ofrecen un novo modelo de coñecemento. A nova ciencia emerxe a partir do século XVI. O mundo no que os europeos crían vivir era un mundo separado en dúas rexións:

  • O supralunar: corpos celestes sometidos a movemento circular, formados por éter.
  • O sublunar: corpos sometidos a xeración e corrupción segundo a física aristotélica, formados por mesturas de 4 elementos.

Este cosmos dispoñíase arredor da Terra en esferas concéntricas e superpostas, o chamado "universo cebola". O seu tamaño e duración eran limitados (só Deus era considerado infinito).

A Revolución Científica supuxo un cambio radical grazas ás investigacións de figuras clave:

  • Copérnico: O Sol é o centro dos movementos dos astros e da rotación terrestre (modelo heliocéntrico).
  • Kepler: Superación do mito da circularidade; os planetas móvense en órbitas elípticas.
  • Galileo: Principio de inercia e bases do método hipotético-deductivo (etapas: analítica/resolutiva e sintética/compositiva).

Como modelos de coñecemento, o racionalismo defende o coñecemento rigoroso baseado na razón, mentres que o empirismo defende que a experiencia é o límite do saber.

A separación entre filosofía e ciencia acentúase no século XVIII, nun contexto de crise relixiosa e incerteza provocado pola Revolución Científica. Todo isto reflíctese na filosofía moderna, que busca na razón un principio supremo e atopa a orde non no mundo exterior, senón no interior do suxeito.

David Hume

David Hume (1711 - 1776) naceu na cidade escocesa de Edimburgo. Traballou como comerciante e trasladouse a Francia para instalarse en La Flèche, o mesmo lugar onde estudara Descartes.

As súas obras máis importantes son o Tratado sobre a natureza humana e a Investigación sobre o entendemento humano. O influxo do pensamento de Hume foi moi importante.

Pertencía á corrente do empirismo e viviu en plena Ilustración. Durante a súa estancia en París, relacionouse con filósofos ilustrados como Voltaire e Diderot, e tivo amizade con Rousseau.

Descargar

PDF Word HTML