Filosofía de Kant: Idealismo Transcendental e Crítica da Razón
Immanuel Kant
KANT: Século XVIII (Século das Luces), filósofo máis representativo da Ilustración, defensor do uso público da razón. Nace en 1724 en Königsberg, tivo unha vida monótona. Recibe influencias do Racionalismo, Hume e Newton.
Idealismo Transcendental
Estudo da posibilidade e límite do coñecemento humano. Xiro Copernicano: o suxeito constitúe o obxecto de coñecemento a partir dos datos recibidos da experiencia. Hai dous tipos de condicións:
- Condicións Empíricas (a posteriori; proceden da experiencia; singulares e continxentes)
- Condicións Transcendentais (a priori; previas á experiencia; universais e necesarias)
Ciencia: sistema organizado de XUÍZOS:
- Xuízos Sintéticos (extensivos e amplían o noso coñecemento)
- Xuízos a Priori (teñen valor necesario e universal, e non proceden da experiencia)
División da Crítica da Razón Pura
Estética Transcendental
Análise das condicións a priori da sensibilidade, e dos fundamentos da posibilidade e validez das Matemáticas.
- Sensibilidade: facultade pasiva de recibir sensacións da experiencia.
- Intuición: representación de algo singular de modo directo e inmediato.
- Sensaçión: contido das representacións ou intuicións.
Condicións transcendentais: espazo e tempo (as formas). Formas: é o modo en que intuímos as sensacións.
Analítica Transcendental
Estudo do a priori do entendemento, fundamento da Física. O entendemento sintetiza por medio de categorías (conceptos) os múltiples fenómenos da experiencia, e integra os conceptos en xuízos.
- CONCEPTOS: C. Empíricos (proceden da experiencia) e C. Puros (son categorías a priori do entendemento).
noumeno: o que non aparece nin é coñecido) senón tal e como é constituída polo suxeito transcendental a partir da experiencia (fenómeno: o que aparece é coñecido).
Dialéctica Transcendental
Análise da función da razón no coñecemento, e da imposibilidade da Metafísica como ciencia. A función da razón é sintetizar os coñecementos do entendemento, mediante xuízos cada vez máis xerais, pero tende a extralimitarse, e acaba formulando sínteses absolutas da totalidade, chamadas IDEAS METAFÍSICAS (principios especulativos da razón, máis alá da experiencia empírica).
Divide en:
- ALMA (síntese última incondicionada da experiencia interior).
- UNIVERSO (síntese incondicionada da totalidade da experiencia exterior).
- DEUS (síntese absoluta da totalidade da experiencia interior e exterior).