Filosofía de Hume: Empirismo, Coñecemento e Crítica

Filosofía e ética4,3 KB

Principais Obras e Obxectivos da Filosofía de Hume

As obras máis destacadas de David Hume son: Tratado sobre a Natureza Humana e Investigación sobre o Entendemento Humano.

Os seus obxectivos principais son:

  • Fundamentar e lexitimar o coñecemento humano.
  • Atopar un coñecemento seguro.
  • Investigar o coñecemento.
  • Estudar a natureza humana e a orixe das nosas ideas.

A Orixe das Ideas: Impresións e Percepcións

Para Hume, todos os contidos da mente proveñen da experiencia, xa que non existen ideas innatas (previas á experiencia). O innatismo é, polo tanto, falso. Todos os contidos da mente son percepcións.

Segundo o seu grao de viveza ou intensidade, Hume clasifica as percepcións en dous tipos:

  • Impresións: Sensacións inmediatas da experiencia, máis vivas e intensas.
  • Ideas: Imaxes ou copias atenuadas das impresións, menos vivas.

Clasificación das Percepcións de Hume

As impresións poden ser clasificadas segundo outros criterios:

  • Segundo a súa procedencia:
    • Sensación: As que proveñen dos sentidos.
    • Reflexión: Estados exclusivamente mentais.
  • Segundo a súa composición:
    • Simples: Non se poden dividir noutras menores.
    • Complexas: Poden dividirse noutras máis simples.

A Asociación de Ideas

De onde proveñen as ideas simples? Pois proveñen das correspondentes impresións simples. Este principio converterase no criterio de validez de toda idea con pretensión de coñecemento.

De onde proveñen as ideas complexas? Das impresións complexas ou da combinación fantasiosa que realiza a imaxinación coas impresións simples.

A imaxinación crea ideas complexas seguindo certas leis.

Leis da Asociación de Ideas

  • Semellanza: Asociar ideas con algún grao de similitude. Por exemplo: un retrato faranos pensar no seu modelo.
  • Contigüidade no espazo e tempo: Relación de proximidade, ben sexa espacial ou temporal. Por exemplo: unha barca fainos pensar no mar.
  • Relación causa-efecto: O noso entendemento espera que certos feitos sigan a outros, tal como sucedeu no pasado.

O Problema da Causalidade en Hume

A relación causa-efecto é unha relación que atribuímos aos acontecementos que suceden no mundo. Hume quere examinar a lexitimidade desta relación á luz do principio empirista: impresión dá a idea.

Pois ben, fiel ao seu esquema de impresións e ideas, e recorrendo á experiencia, Hume non encontra ningunha relación de necesidade entre un fenómeno A, chamado causa, e un fenómeno B, que chamamos efecto. Esta conexión necesaria é froito da imaxinación. Esta proxección do pasado cara o futuro non é máis que un costume, e un costume só proporciona crenzas, pero nunca un coñecemento universal e necesario.

A Probabilidade da Ciencia

A dúbida sobre a validez da relación de causalidade supón o cuestionamento da ciencia.

  • Os enunciados científicos son crenzas baseadas na tradición.
  • Se son crenzas, entón as leis de que está formada a ciencia deixan de ser universais e necesarias; son, como moito, só probables.

Crítica á Metafísica de Hume

Hume proponse analizar a validez da metafísica, fiel ao seu principio de que toda idea é válida se provén dunha impresión. O resultado será o seu rexeitamento.

  • Crítica á idea de substancia extensa: Non pode ser considerada válida. É unha invención da nosa imaxinación.
  • Crítica á idea de substancia infinita: Non se sostén en ningunha impresión que a lexitime.
  • Crítica á idea de substancia pensante: Da alma non temos tampouco ningún tipo de impresión.

A metafísica, como saber válido, queda rexeitada.

O Fenomenismo de Hume

O fenomenismo de Hume consiste na negación da posibilidade de coñecer as cousas en si mesmas. Só se coñecen os fenómenos e realidades que se manifestan aos sentidos.

Descargar

PDF Word HTML