Filosofía de Descartes: Método, Cogito e Teoría das Ideas

Filosofía e ética3,4 KB

O Problema do Método Cartesiano

Punto de partida: crítica ao saber escolástico. Conxunto de disputas máis que ciencia. Filosofía dubidosa. Denuncia do argumento de autoridade. As matemáticas (o máis seguro dos saberes), en tanto que toman os seus principios da filosofía, tamén son dubidosas como saber. Propónse comezar de cero. Quere facer unha filosofía certa e ben ordenada.

Concepción Unitaria do Saber

A metafísica é o fundamento de todo saber. As distintas ciencias son manifestación dun saber único. Metáfora da árbore. A concepción unitaria do saber procede dunha concepción unitaria da razón.

Concepción Unitaria da Razón

A sabedoría é única porque a razón é única. A existencia de diferentes ciencias particulares explícase polo feito de que a razón aplícase a diferentes obxectos. Para aplicar a razón correctamente hai que coñecer a súa estrutura. Na razón, Descartes distingue dúas operacións fundamentais: intuición e dedución.

Intuición e Dedución en Descartes

Intuición:
Concepción libre de dúbidas. Unha especie de 'instinto natural' que ten por obxecto conceptos simples emanados da propia razón e que son evidentes en si mesmos ('naturezas simples').
Dedución:
É unha operación pola cal a razón descobre as conexións entre unhas naturezas simples e outras (inferencia necesaria a partir de conceptos coñecidos intuitivamente, con certeza).

As Regras do Método Cartesiano

O método consiste en regras para empregar correctamente esas dúas operacións mentais. Esas regras preséntanse en dúas obras: Regras para a dirección do espírito e o Discurso do método. No Discurso reduce as regras a catro:

  • Criterio de verdade
  • Análise
  • Síntese
  • Comprobación

O Cogito Cartesiano: A Primeira Certeza

Da radicalidade da dúbida xorde a primeira certeza: para dubidar é necesario que eu sexa algo. A proposición 'cogito ergo sum' é a única absolutamente verdadeira; a mesma dúbida a confirma. Do 'cogito' obteño a certeza da miña existencia e do meu pensamento. A única certeza que o 'cogito' me proporciona é, xa que logo, a da miña existencia como ser que pensa, é dicir, que ten ideas.

A Teoría das Ideas de Descartes

Para Descartes, 'idea' é calquera obxecto do pensamento. Estas posúen unha dobre realidade: subxectiva e obxectiva. O 'Cogito' só me proporciona a seguridade da existencia mental das ideas, pero non o seu contido obxectivo (a cuestión é, precisamente, saber se existen na realidade os obxectos representados polas ideas). Hai tres clases de ideas: innatas, adventicias e facticias.

Clasificación das Ideas Cartesianas

Ideas innatas (ideas claras e distintas):
Aquelas que o entendemento posúe en si mesmo (existencia, pensamento).
Ideas adventicias:
Ideas confusas causadas pola percepción sensible, é dicir, aquelas que parecen proceder da nosa experiencia externa (mesa, cabalo, árbore).
Ideas facticias:
Aquelas que constrúe a mente a partir doutras ideas (minotauro, lobishome).

Desde a súa realidade mental son todas iguais, só se diferencian desde a súa realidade obxectiva.

Descargar

PDF Word HTML