Filosofía do Coñecemento: Posibilidades, Modelos e Criterios da Verdade

Filosofía e ética2,82 KB

Posibilidades do Coñecemento

  • Dogmatismo

    Manifesta a actitude inxenua dos que están seguros de coñecer.

  • Escepticismo

    Considera imposible obter coñecementos fiables.

  • Subxectivismo e Relativismo

    Negan a posibilidade de alcanzar verdades universalmente válidas.

  • Pragmatismo

    Identifica o verdadeiro como útil.

  • Criticismo

    É posible obter coñecementos verdadeiros, pero sempre que realicemos unha das seguintes tarefas: contrastar coñecementos coa realidade.

  • Perspectivismo

    Pódese chegar ao coñecemento da realidade, conxugado de diferentes perspectivas, dado que cada xeración ten a súa propia visión da realidade.

Modelos Explicativos do Coñecemento

  • Realismo / Idealismo

    • Realismo

      Defende que a realidade existe por si mesma, independentemente do suxeito.

    • Idealismo

      A realidade non existe independentemente do suxeito que a coñece.

  • Fenomenoloxía / Hermenéutica

    • Fenomenoloxía

      Pretende coñecer o que son as cousas no seu puro e simple presentarse á conciencia.

    • Hermenéutica

      Pretende comprender as accións humanas e a realidade histórica, interpretando cada acontecemento e tratando de captar o sentido.

    Comprendemos esta información partindo dos prexuízos, que son xuízos que adquirimos por educación, cultura, socialización, etc.

A Verdade

  • Como obxectivo do coñecemento

    É obter resultados verdadeiros.

  • Estados de seguridade respecto á verdade

    • Ignorancia

      Estado no que a mente admite o descoñecemento sobre un asunto determinado.

    • Dúbida

      Non se pode afirmar ou negar a verdade dun xuízo.

    • Certeza Subxectiva

      A mente afirma a verdade dun xuízo sen admitir equivocacións.

  • Criterios da verdade

    Características polas que diferenciamos unha verdade dunha falsidade. Son:

    • Autoridade

      Acéptase como verdadeira unha información porque provén de alguén que entende da materia.

    • Tradición

      Tómase por verdadeiro aquilo que ao longo do tempo se tomou por verdadeiro.

    • Correspondencia entre o pensamento e a realidade

      O que pensamos será verdadeiro se ao comprobalo coincide coa realidade empírica.

    • Coherencia Lóxica

      Consiste en comprobar que non hai contradicións entre os enunciados dun mesmo tema.

    • Utilidade

      É verdadeiro se é útil para nós e beneficioso.

    • Evidencia

      É evidente o que se presenta como indiscutible, como verdadeiro.

Descargar

PDF Word HTML