Faltas no Baloncesto e Principios do Adestramento
Tipos de faltas no baloncesto
- Falta persoal: contacto ilegal dun xogador cun adversario, estea o balón vivo ou morto.
- Falta dobre: situación na que dous adversarios cometen faltas personais, un contra un, aproximadamente ao mesmo tempo.
- Falta técnica: falta de xogador que non implica contacto e é de carácter condutual.
- Falta antideportiva: falta de xogador que implica contacto.
- Falta descalificante: calquera infracción antideportiva flagrante cometida por xogadores e membros da delegación acompañante.
O adestramento e os seus principios fundamentais
Adestramento: son leis xerais que rexen o proceso de desenvolvemento da condición física que guían e facilitan a organización do adestramento.
- Principio da variedade: os estímulos do adestramento deben ser variados para alcanzar bos resultados e evitar a monotonía.
- Principio da continuidade: se non somos constantes no traballo físico non se producen adaptacións no organismo e poden perderse as melloras obtidas.
- Principio da progresión: hai que ir aumentando devagar o esforzo no adestramento, aumentar o peso, velocidade, distancia... para mellorar a condición física.
- Principio da reversibilidade: os efectos do adestramento son reversibles se a actividade non é continuada, pérdense.
- Principio da especificidade: hai que traballar as capacidades e partes do organismo que utilicemos na actividade física ou deporte que adestramos.
- Principio da multilateralidade: é necesario adquirir unha formación polivalente, co obxecto de evitar unha especialización prematura ou o sobreadestramento.
- Principio da especialización: os primeiros anos de adestramento farei un traballo xeral, logo será máis especializado.
- Principio da individualización: o adestramento debe adaptarse ás características do individuo segundo o nivel técnico, a súa psicoloxía, o sexo, a idade...
- Principio de sobrecarga: unha sesión debe ser suficientemente intensa para producir unha modificación física no organismo que o prepare para soportar as futuras esixencias.
- Principio da óptima relación entre carga e recuperación: explica que despois da aplicación dunha carga que implica unha fatiga, necesitamos certo tempo de descanso para producir o efecto de sobrecompensación. A recuperación pode ser activa ou pasiva.
- Principio da planificación: para ter éxito no adestramento debemos ter en conta obxectivos realistas a curto, medio e longo prazo.
- Principio do carácter ondulatorio da carga: indica que despois de aplicar unha carga grande debemos baixar o nivel da mesma.