Evolución da Prosa Galega no Século XX: Autores e Tendencias

Outras linguas estranxeiras3,37 KB

A prosa galega alcanzou nas últimas décadas do século XX un gran desenvolvemento, tanto en calidade como en cantidade.

A Prosa Galega nas Décadas Finais do Século XX

Década de 1975-1980: Ensaio e Renovación

Conviven autores consolidados como Álvaro Cunqueiro e Xosé Luís Méndez Ferrín con autores da nova narrativa galega como Carlos Casares. É unha etapa de ensaio na que se quere facer unha novela galega popular e téntase renovar o xénero temática e formalmente.

  • Obras destacadas:
    • Xosé Fernández Ferreiro: Reportaxe cósmica ou A morte de Frank González.
    • Rei Ballesteros: Dos anxos dos mortos.

Década de 1980: Liñas Temáticas e Autores Representativos

Destacan catro liñas temáticas con cinco autores representativos nesta década:

  • Liña intimista: Xavier Alcalá con A nosa cinza.
  • Novela histórica: Víctor Freixanes con O triángulo inscrito na circunferencia; Alfredo Conde con Xa vai o griffón no vento (Premio Blanco Amor).
  • Novela negra ou policial: Carlos Reigosa, Crime en Compostela.
  • Narrativa experimental: Suso de Toro, un dos autores con máis éxito na narrativa actual, con Polaroid.

Década de 1990: Consolidación de Tendencias

Dentre as tendencias temáticas que se consolidan neste período, destacamos:

  • Liña intimista:
    • Xosé Luís Méndez Ferrín: No ventre do silencio.
    • Ramón Pena: Fado da princesa.
  • Novela histórica:
    • Xesús Rábade Paredes: As sombras do Barroco.
    • Darío Xohán Cabana: Galván en Saor.
  • Manuel Rivas: Referente na literatura galega e autor de difícil clasificación. Extraordinario observador da Galicia de hoxe, nas primeiras obras analiza a tensión entre a tradición e a modernidade. Relatos como A lingua das bolboretas ou máis recentes como O lapis do carpinteiro, buscan a recuperación da memoria histórica, centrándose especialmente no período da Guerra Civil Española.
  • Novela de xénero:
    • Novela negra: Aníbal Malvar, Unha noite con Carla.
    • Aventuras: Xosé Miranda, Morning Star.

Outras Tendencias e Autores Relevantes

  • Narrativa da Muller:
    • Mª Xosé Queizán: Amor de tango.
    • Marilar Aleixandre: A expedición do Pacífico.
    • Rosa Aneiros: Resistencia.
  • Entremesturas de Xéneros.
  • Narrativa Infantil e Xuvenil:
    • Agustín Fernández Paz.
    • Fina Casalderrey.
    • Xabier DoCampo.

Nos últimos anos, continúase traballando nas liñas narrativas iniciadas nos 80 e consolidadas nos 90.

Descargar

PDF Word HTML