Eduardo Pondal e Curros Enríquez: Dous Gigantes do Rexurdimento Galego
Eduardo Pondal
Vida e obra
Eduardo Pondal é un dos grandes autores do Rexurdimento galego. Sitúase dentro da corrente de transformación e renovación da arte literaria. Coa obra Queixumes dos pinos funda a escola formalista. Pondal recrea literariamente o pasado de Galicia e elabora un mundo poético de ton épico.
Naceu en Ponteceso no ano 1835 e morreu na Coruña no 1917. Era de orixe fidalga e mantivose solteiro toda a vida. Estudou a carreira de medicina e, cando aínda era universitario, participou nas actividades do Liceo da Xuventude, pero dedicou a maior parte do seu tempo á literatura.
Distínguense dúas etapas na súa produción:
- A 1ª etapa na que predomina a tendencia romántica.
- A 2ª etapa correspondente á época do Rexionalismo. A esta etapa pertencen Rumores dos pinos e Queixumes dos pinos (1886).
Queixumes dos pinos é a súa obra máis importante. Recolle a maior parte dos poemas publicados en Rumores dos pinos.
Estilo
O estilo de Pondal emprega versos de variada medida e combinacións estróficas tiradas, con versificación sistemática e pouco flexible. Interpretación simbólica da natureza, humanización da paisaxe galega, usa con frecuencia a comparación forza-febleza que é o trazo máis importante do seu estilo. Pondal usaba o galego falado en Bergantiños ennobrecéndoo mediante a introdución de cultismos de orixe grega e latina. Pondal é o escritor máis moderno do século XIX.
Curros Enríquez
Vida e obra
Curros Enríquez naceu en Celanova no 1851 e morreu na Habana en 1908. Cando tiña 15 anos foise para Madrid onde estudou bacharelato e comezou a carreira. En 1870 viuse obrigado a marchar a Londres durante uns meses.
Cando publicou Aires da miña terra en 1880, tivo problemas co clero e a súa obra foi denunciada, pero foi absolto na Coruña. Isto fíxoo moi popular. En 1894 emigrou á Habana e fundou un periódico. Tras 10 anos en Cuba, volveu a Galicia con mala saúde. Regresou á Habana e morreu en 1908.
A obra de Curros está formada por Aires da miña terra (1880) e O divino sainete (1888).
Coa obra Aires da miña terra, pretende facer ver á sociedade galega unha necesidade de cambio polo atraso que vivía Galicia. Os temas son: social, intimista e costumista.
O divino sainete é un longo poema dividido en 9 partes no que se conta unha imaxinaria viaxe a Roma por parte do autor. Curros fai unha crítica á sociedade.
Lingua
A súa lingua ten características como:
- Dialectismos, xa que o seu galego baseábase no que falaban en Celanova.
- Popularismos e vulgarismos.
- Vacilacións.
- Hiperenxebrismos.