Eduardo Pondal: Biografía, Obra e Legado na Literatura Galega

Outras linguas estranxeiras2,92 KB

Eduardo Pondal: Vida e Obra

Biografía de Eduardo Pondal

Naceu en Ponteceso (A Coruña) en 1835. A súa comarca natal deixaría unha fonda pegada na súa obra literaria.

Obra Literaria de Pondal

  • En 1866 aparece A campana de Anllóns.
  • En 1877 publica Rumores de los Pinos, un poemario bilingüe que está na orixe de Queixumes dos Pinos (1886).
  • En 1895 escribe O Dólmen de Dombate.
  • Tamén traballou no poema épico Os Eoas, obra centrada na figura de Colón.

Temas Recorrentes na Obra de Pondal

  • Celtismo: Os castros, dólmens, mámoas e as antigas lendas interesaban a historiadores e poetas da época.
  • Helenismo: A influencia helenística está patente nas obras de Pondal. Motivos como a morte digna e recursos retóricos de arenga son presenzas evidentes na súa produción.

Os Eoas: Unha Epopea

O tema central é o descubrimento das Indias Occidentais (América) polos "fillos da Aurora", os Eoas. O seu modelo literario é a epopea de Luís de Camões.

A Lingua Galega en Pondal

O galego de Pondal caracterízase pola súa coherencia interna, o intento de superación do dialectalismo bergantiñán e pola intención de acadar unha calidade estilística, procurando unha lingua literaria que elevase a un plano culto o galego da época. Abondan as hipérboles, perífrases, desprazamentos de adxectivos e un uso moi novidoso da simbolización. Sobrancea a importancia da toponimia como volta ao pasado prerromano da lingua galega.

Características da Obra Pondaliana

  • Fusión entre tradición culta e popular.
  • Fusión entre celtismo e helenismo.
  • Visión profética da historia, de aí o bardismo: o bardo como profeta do pobo.
  • Forte influxo do simbolismo que equilibra coa influencia do realismo.
  • A súa imaxinación está inserida nun tempo anterior ao cristianismo, polo que a terra é o elemento perdurable, o que suxire un certo panteísmo.
  • Mantén un concepto contraposto da muller: a muller ideal fronte á muller como atranco para a realización do home.
  • Importancia da paisaxe á que concede un valor mítico.
  • Presenza dunha ideoloxía federalista.

Outras Referencias Literarias Galegas

  • Pregón de A Gaita Gallega: Alabado sexa Deus. Xa fai... Xoán Manuel Pintos (1852), século XIX.
  • Manuel Murguía (1891).
  • Adiós, ríos; Adiós, fontes: Rosalía de Castro, Cantares Gallegos.
  • Quixente tanto meniña: Rosalía de Castro, Cantares Gallegos.
  • A xustiza pola man: Aqueles que teñen fama de honrado na vila, roubáronme tanta brancura... Rosalía de Castro, Follas Novas.

Descargar

PDF Word HTML