A economía española no franquismo (1939-1959)

Economía2,6 KB

A) O período autárquico (1939-1950)

A política de posguerra, seguindo modelos fascistas, caracterizouse pola autarquía e a intervención estatal. Buscaba a autosuficiencia económica mediante un impulso da produción interior e dificultando as importacións con aranceis.

  • Na agricultura descendeu a produción e houbo problemas no abastecemento alimentario. Continuouse a contrarreforma agraria a favor dos grandes propietarios. O Instituto Nacional de Colonización puxo en explotación novas terras para aumentar a produción. Os resultados foron mediocres, aínda que a propaganda os presentase como un éxito.
  • Na industria houbo un forte intervencionismo e restricións aos investimentos estranxeiros. Creouse o Instituto Nacional de Industria (1941) para controlar a produción dos sectores básicos, nos que investiu o Estado. Pese ao intento de reducir ao mínimo as importacións, houbo dificultades debido á dependencia tecnolóxica do exterior.
  • Nos transportes: nacionalización da Rede de Ferrocarrís con RENFE, pero non se conseguiu a modernización.
  • Na política fiscal: aumento da recadación mediante impostos directos e indirectos de Usos e Consumos, aínda que non era obrigatoria a declaración de rendas.
  • As transaccións comerciais foron intervidas polo Estado. Organizábase o comercio exterior mediante licenzas e acordos bilaterais, e o comercio interior estaba regulamentado por organismos oficiais.

Os resultados da política autárquica foron: escaseza na subministración de produtos, inflación, estancamento da produción e un gran mercado negro. Foron os anos das cartillas de racionamento para os alimentos básicos e para evitar o desabastecemento da poboación.

B) Liberalización económica (1950-1959)

Nos anos 50 iniciouse a recuperación económica grazas aos excedentes agrarios que permitiron eliminar as cartillas de racionamento e ás achegas norteamericanas de divisas, materias primas, fontes de enerxía e bens de equipo. Creouse a SEAT, que fabricou o Biscúter. No segundo lustro dos anos 50 abriuse a economía aos investimentos estranxeiros.

A poboación aumentou debido á elevada taxa de natalidade. Houbo unha diminución da poboación activa do sector primario en beneficio do secundario e terciario. Foron os anos do éxodo rural cara ás novas cidades industriais.

Descargar

PDF Word HTML