O Dualismo Epistemolóxico na Filosofía de Platón
Dualismo Epistemolóxico: o racional e o emocional da Filosofía
O dualismo epistemolóxico contrapón os sentidos e a razón como facultades do coñecemento, que tamén se complementan.
Os conceptos como procedemento científico do coñecemento
Os conceptos, principal ferramenta do saber filosófico, son definicións universais e necesarias (sempre verdadeiras).
A posibilidade dunha ciencia obxectiva
Baseada en conceptos, da ética e a política (virtude, xustiza, etc.) fronte ao subxectivismo radical dos Sofistas.
A dialéctica como método da filosofía
O método dialéctico consiste nun percorrido racional ou proceso que nos conduce ao establecemento de definicións verdadeiras.
A teoría da reminiscencia
A primeira versión da teoría do coñecemento platónica aparece formulada no diálogo de transición Menón e é a denominada teoría da reminiscencia (anámnese).
Os graos do coñecemento
O libro VII do díalogo da República comeza coa narración do coñecido Mito da Caverna. Nesta alegoría Platón expón simbolicamente non só a situação do home con respecto ao coñecemento, da que nos ocupamos agora, senón a totalidade dos dualismos, así como o papel da educación para o individuo e a sociedade.