Dirección e Liderado Empresarial: Guía Práctica

Economía4,01 KB

Dirección e Liderado Empresarial

1. Que debería ter un bo directivo? Cualidades como flexibilidade e adaptabilidade aos continuos cambios do entorno.

2. Diferenza entre dirección e liderado:

A dirección consiste en planificar, dirixir, facilitar a actividade do persoal e controlar os subordinados.

O liderado trata de influír no comportamento das persoas co fin de lograr determinados obxectivos.

3. Cal é a máis importante? Nécésitanse as cualidades de ambas, pero o liderado é imprescindible.

4. Diferenza entre líder formal e informal:

Líder formal: cando o director é imposto pola empresa.

Líder informal: se xurde dentro dun grupo de persoas na empresa.

5. Como definirías a dirección na empresa? A dirección na empresa como a función de conducir a organización cara a un obxectivo proposto, asegurándose os medios axeitados.

6. Explica as funcións da dirección:

Planificación: é un proceso que consiste en fixar obxectivos e prever as medidas apropiadas.

Organizar: é crear e adecuar os medios idóneos para que as persoas poidan realizar o traballo con eficacia.

Motivar, mandar, executar e coordinar: motivar á persoa facilitando a comunicación.

Controlar: consiste en comprobar que os resultados coinciden co planificado.

9. Que converte os mandos intermedios nos suxeitos clave da organización? O punto de contacto entre a dirección e os traballadores.

10. Cal é o punto clave que diferencia a un directivo dun mando intermedio? Un mando intermedio trata directamente cos operarios e coa produción do traballo.

11. Como é o ámbito de acción do mando intermedio? Menor ca dun directivo.



12. Cales son as dificultades dos mandos intermedios? Obxectivos e tarefas ambiguas, problemas coa dirección, promoción limitada, conflitos interpersoais.

13. Que é a delegación? Delegar é dar a unha persoa a capacidade de actuación ou representación nalgunha función ou traballo.

Cales son as súas vantaxes? Aumento do tempo dispoñible, facilita a comunicación, involucra os grupos de traballo, motivar o traballador, desenvolver a capacidade dos empregados para tomar decisións, dictar ordes e aceptar responsabilidades.

14. Para delegar, que é importante saber? Que tarefas son as que se van delegar, en quen se vai delegar, como se informa e se ensina a cada subordinado, como se lle motivará á persoa para que acepte o risco.

15. Andrés: a persoa que delega competencias; María: a persoa que recibe esas competencias; Os contratos: materia delegada.

16. Que é importante para a integración de novos traballadores? Depende do seu xefe inmediato.

17. A que afecta o comportamento dos directivos? Afectará ás motivacións de todos os seus compoñentes.

19. Que habilidades debe ter un bo líder? Coñecementos de dinámica de grupos, habilidades de comunicación e dirección, capacidade de negociación, habilidade de asesoramento, destreza para resolver conflitos.

20. Que pode provocar a teoría X? Fai que o individuo deba ser vixiado e controlado para conseguir un alto rendemento.

21. E a teoría Y? É o da integración, mediante a creación de condicións que posibiliten aos membros da organización conseguir os seus obxectivos e encamiñar os seus esforzos cara ao éxito da empresa.

18. a)autocrático, b)deixar facer, c)paternalista, d)burocrático, e)democrático, f)participativo, g)autocrático, h)deixar facer, i)democrático, j)paternalista, k)burocrático, l)participativo

Descargar

PDF Word HTML