A dimensión social do ser humano e a súa relación coa sociedade e a cultura
A dimensión social do ser humano
O ser humano é un ser social en 3 sentidos:
O home non podería dominar sobrevivir como especie nin dominar a outras se non é pola súa natureza social, pola súa tendencia a convivir con outros homes.
Case todas as accións humanas teñen un carácter social; porque obedecen a motivacións sociais ou porque están reguladas e orientadas socialmente.
O ser humano individual pensa como pensa, xente como xente, e actúa como actúa porque foi educado no seo dunha sociedade que modelou a súa personalidade.
Naturalismo e contractualismo
A relación entre o individuo e a sociedade son naturalismo e contractualismo.
Naturalismo: considera que a sociedade é connatural ó ser humano, que tende por unha inclinación natural inherente ao seu ser a vivir en sociedade.
Contractualista: considera que a sociedade é un produto artificial posterior ao individuo. Parte esta postura dun estado de natureza anterior ao estado social, e explica o tránsito de aquel a este mediante un pacto ou contrato entre os individuos con fin de promover a súa seguridade e benestar.
Conciencia individual e social
O individuo e a sociedade son inseparables. O individuo só existe na sociedade e está condicionado por ela, e a sociedade está formada por individuos, é un produto da súa actividade. Conciencia social é a forma de pensar do conxunto da sociedade e a conciencia individual é a forma de pensar do individuo.
O individuo e a sociedade sempre están en conflicto, xa sexa pola presión social, busca da homoxeneidade...
Relación entre sociedade e cultura
Ambas son inseparables. A sociedade é un conxunto de individuos que interactúan entre si. A cultura é todo aquilo que a sociedade fai e pensa, seus coñecementos, modos de vida, costumes... Cohesiona o conxunto da sociedade.
- Tipos de sociedades con respecto á cultura:
- Monoculturais: todos os seus membros participan dunha cultura común.
- Multiculturais: hai diversas culturas, cos seus xeitos de vida e do seu territorio.
Valores culturais
Conxunto de maneiras de sentir, pensar e obrar que unha sociedade xulga ideais e fai desexables a todos os seus membros. Ó asumir os valores da cultura, o individuo intégrase na sociedade.
Os valores culturais concretízanse en modelos (individuos que encarnan valores positivos ou negativos. Ex. Bo amigo e mal amigo) e en símbolos (realidades físicas que evocan valores e cumpren a función de reforzar os sinais de identidade entre os membros dunha colectividade. Ex: bandeiras, cerimonias...)
Socialización
O proceso de socialización
Proceso por medio do cal os individuos adquiren os contidos da súa cultura, intégranos na estrutura da súa personalidade, e adáptanse ó medio social en que viven. É un proceso intenso na infancia (socialización primaria) pero prolongase durante toda a vida (socialización secundaria).
A aprendizaxe social
A socialización é un proceso de aprendizaxe. O individuo aprende a cultura na sociedade en que naceu. Mecanismos de aprendizaxe: repetición de condutas e imitación de modelos, reforzados con recompensas e castigos.