A dignidade humana e os dereitos humanos na doutrina social da Igrexa
Deus creou ao home á súa imaxe, a imaxe de Deus creouno, home e muller creounos. O home: 'está feito a imaxe de Deus'. Por ser feito a imaxe de Deus, o ser humano ten a dignidade de persoa.
A doutrina social da Igrexa afirma a inviolable dignidade da persoa humana. A igualdade fundamental dos seres humanos ante Deus ten como consecuencia a imposibilidade de xustificar ningunha discriminación contra calquera intento social que pretenda impedirlle exercer os seus dereitos. A doutrina social da Igrexa dá importancia á persoa humana e á súa dignidade. Ao afirmar a dignidade do 'fillo de Deus', afirmamos tamén que todas as estruturas sociais e as institucións só teñen razón de ser na medida en que se orientan á promoción do desenvolvemento solidario do home. As persoas son máis importantes que o 'poder'.
A dignidade humana é unha tarefa que fai referencia ao valor inherente en canto ao ser racional, dotado de liberdade.
DEREITOS E DEBERES DO SER HUMANO supoñen a expresión social da dignidade humana, desde o nacemento ata a morte.
Universais, Inviolables, Irrenunciables.
O compromiso da Igrexa na defensa dos dereitos humanos é unha esixencia directa do Evangelio. É para os cristiáns para defender os dereitos humanos.
É na sociedade onde debemos atopar solucións para implantar nesa sociedade as liberdades e dereitos que esixe a dignidade humana.
DEREITO Á VIDA, DEREITO Á LIBERDADE RELIXIOSA, DEREITO Á CULTURA, DEREITO Á VOCACIÓN PERSOAL, DEREITO AO TRABALLO, DEREITO DE REUNIÓN E ASOCIACIÓN, DEREITO DE RESIDENCIA E EMIGRACIÓN, DEREITO A PARTICIPAR NA VIDA PÚBLICA, DEREITO Á SEGURIDADE XURÍDICA....
RESPECTAR OS DEREITOS DOS DEMAIS.
COLABORAR COS DEMAIS PARA CONSEGUIR O BEN COMÚN.
ACTUAR CON RESPONSABILIDADE, LIBERDADE E XENEROSIDADE.
A DOUTRINA SOCIAL DA IGREXA E A VIDA. D.1.-
O VALOR DA VIDA HUMANA. O dereito á vida e o respecto á dignidade da persoa son valores que a Declaración Universal dos Dereitos Humanos propón como fundamento para a convivencia.
A CIENCIA AO SERVIZO DA VIDA.
POR UNHA CULTURA DA VIDA.
A OBJECIÓN DE CONCIENCIA
O xénero humano posú un mundo globalizado grazas aos transportes, a economía, os medios de comunicación… conseguiron que se abran as fronteiras dos países, que os pobos se acheguen uns a outros, que coñezamos outras culturas… Hai que buscar o ben común internacional e que as relacións entre os distintos países sexan de harmonía. A fianlidade é de orde xurídica, económica, moral e espiritual, radica en que todos os seres humanos do mundo pertencemos á mesma especie.
Comunidade Internacional e valores.
Recoñecer que o ser humano é o máis importante. Hai que establecer como principio que as relaciones internacionais deben rexerse pola verdade. Segundo principio: deben regularse polas normas da xustiza: o recoñecemento dos dereitos e o cumprimento dos deberes. Tamén deben ordenarse segundo unha norma de liberdade.
O ensino da Igrexa no ámbito dos principios internacionais, exhorta ás relacións entre os pobos e as comunidades políticas atopen a súa regulación na razón, o dereito, a negociación, á vez que exclúe o recurso á violencia e á guerra, a formas de discriminación....
A doutrina quere conseguir formas de cooperación capaces do acceso ao mercado internacional dos países marcados pola pobreza. A cooperación é a vía na que a Comunidade Internacional debe traballar polo ben común de toda a familia humana.
A pobreza manifesta un dramático problema de xustiza no mundo.
principios fundamentais: o destino universal dos bens e a solidariedade. A doutrina social promove o ben de todos e cada un.