O Desastre do 98: repercusións e regeneracionismo en España
En 1898, en plena época do imperialismo, España perdeu os últimos restos do seu imperio colonial, Cuba, Puerto Rico e Filipinas. Os descalabros náuticos fronte á marina norteamericana foron tan humillantes que a derrota pasou a ser coñecida como o “Desastre” con maiúsculas. A crise deixou ao descuberto algúns dos problemas e conflitos fundamentais que ían acompañar ao nacemento do século XX.
A Guerra de Cuba
En febreiro de 1895, o Grito de Baire foi o punto de partida dunha insurrección preparada desde facía tempo. O goberno de Sagasta, como o de Cánovas que lle sucedeu a finais de marzo, declararon a súa intención de defender a soberanía española ata a última peseta e o último home. Antes de rematar o ano había máis de cen mil soldados en Cuba, unha cifra que se dobrou nas campañas dos anos seguintes sen conseguir poñer fin á rebelión. Os españois dominaban as cidades pero non controlaban o interior da illa.
La estratexia de guerra a ultranza (xeneral Weyler), coa reconcentración da poboación rural e a destrución dos sementados, non eliminou o apoio social dos independentistas e outorgou aos Estados Unidos a escusa necesaria para denunciar a crueldade española e xustificar a súa belixerancia militar en Cuba e Puerto Rico e tamén en Filipinas, onde en agosto de 1896 se producira unha rebelión independentista. A política da metrópole cambió a partir de agosto de 1897, a data do asasinato Cánovas nun balneario guipuzcoano, ás mans dun anarquista de orixe italiano. Sagasta volveu ao fronte do goberno, derogou as medidas excepcionais e propuxo un plan de reformas autonomistas que chegou demasiado tarde.
En abril de 1898 os Estados Unidos declararon a guerra a España. O pretexto foi a voladura do Maine no porto de La Habana, seguramente debida a un accidente. A febre patriótica que se estendeu en España aos sons da “marcha” de Cádiz durou moi pouco tempo. O que tardou en chegar a noticia da derrota da escuadra do almirante Montojo en Cavite, en Filipinas, o 1 de maio, e o afundimento dos barcos de Cervera fronte a Santiago de Cuba, o 3 de xullo. O desenlace final foi rápido. O 12 de agosto acordouse un protocolo de paz e comezaron as conversacións que acabaron o 10 de decembro coa firma do Tratado de París.
O Desastre
A imaxe da derrota fixose visible cando comezaron a chegar á Península os repatriados vestidos de raia, enfermos e desvalidos. Unha impresión penosa. Máis de cincuenta mil soldados quedaron enterrados en solo cubano. Só un 4 por cento deles faleceu por feridas de guerra. O resto foi vítima da febre amarela, o paludismo, a disentería e outras enfermidades tropicais que fixeron presa en uns mozos agotados, mal alimentados e peor equipados. O desastre militar, a vergoña internacional da derrota, era como un brusco despertar que descubría a desnudez dun país atrasado, inculto e decadente. Os escritores buscaban a orixe dos males da patria nos factores históricos, xeográficos e económicos. E tamén no sistema político da Restauración. Había que “regenerar” a nación.
Repercusións económicas e políticas
A pesar da envergadura do