Dereitos e Contratos de Traballo

Formación e orientación laboral4,01 KB

Dereito Social e Libre Circulación

O dereito social busca harmonizar as políticas e dereitos sociais dos países comunitarios para favorecer a libre circulación dos seus traballadores.

Principios Xerais do Dereito Laboral

  1. Principio de irrenunciabilidade de dereitos.
  2. Principio in dubio pro operario: se hai varias interpretacións dunha mesma norma, aplicarase a que máis favoreza ao traballador.
  3. Principio de norma máis favorable: se hai varias normas aplicables a un mesmo suposto laboral, aplicarase a máis beneficiosa para o traballador.

O Contrato de Traballo

O contrato de traballo é o acordo de vontades da relación laboral entre empresario e traballador, sobre as condicións nas que se vai a desenvolver o traballo.

Contido do Contrato

  • Tipo de contrato de traballo.
  • Datos identificativos da empresa e do traballador.
  • Consentimento dos pais en caso de que o futuro traballador teña máis de 16 anos pero menos de 18.
  • Categoría profesional do traballador.
  • Posto que ocupará na empresa.
  • Data inicio ou finalización do contrato.
  • Salario a percibir.
  • Xornada laboral (máx. 40 h. semanais – 9 h. diarias).
  • Horario.
  • Vacacións.
  • Período de proba, se existe.
  • Sinatura dos contratantes.

Dereitos do Traballador

  • Dereito a non ser discriminado por motivos de raza, sexo, relixión ou calquera outra condición persoal ou social.
  • Dereito ao traballo e libre elección de profesión.
  • Dereito a unha protección eficaz da saúde a través dunha correcta utilización de medidas de hixiene, prevención e protección fronte a riscos laborais.
  • Dereito á libre sindicación.
  • Dereito á folga.
  • Dereito de reunión e asociación.
  • Dereito á participación na empresa e negociación colectiva.
  • Dereito á promoción ou ascenso no traballo se se reúnen os requisitos necesarios.
  • Dereito á formación continua para a adaptación ás innovacións técnicas ou tecnolóxicas que se produzan no posto de traballo.
  • Dereito á intimidade e a protección fronte ao abuso sexual, ofensas verbais ou agresións físicas para os compañeiros e empresario, ou familiares.
  • Dereito ao exercicio individual das accións derivadas do contrato de traballo.
  • Dereito á ocupación efectiva do posto para o que foi contratado.
  • Dereito a recibir o salario de forma puntual, no lugar e do modo pactado.

Dereitos do Empresario

  • Poder de organización e dirección: facultade que posúe o empresario e que consiste en dar ordes sobre a forma, o tempo e o lugar de execución do traballo. O traballador estará obrigado a realizar o traballo convido baixo a dirección do empresario ou persoa que o delegue. O traballador non estará obrigado a cumprir ordes que sexan ilegais, atenten contra a súa dignidade ou a dos compañeiros, que violen dereitos fundamentais ou que poidan lesionar a súa integridade ou a dos compañeiros.
  • Poder disciplinario e sancionador: o empresario poderá castigar ao traballador que incumpra os seus deberes laborais. As sancións dependerán en importancia do tipo de infracción cometida, e poderán ir dende unha simple amoestación oral ata o mesmo despido.

Cabe destacar que os dereitos do traballador son as obrigas que debe cumprir o empresario, e viceversa, xa que os dereitos dos que goza o empresario son as obrigas dos traballadores. Ambos deben de ser cumpridos.

Modalidades de Contrato

Indefinido, para o fomento da contratación indefinida, indefinido de apoio aos emprendedores, fixos-discontinuos, temporais:

  1. En prácticas.
  2. Para a formación.
  3. Por obra ou servizo determinado.
  4. De interinidade.
  5. Eventual por circunstancias da produción.
  6. De traballadores con discapacidade.

Descargar

PDF Word HTML