O Crac da Bolsa de Nova York de 1929: Causas e Consecuencias Globais

Economía2,4 KB

O Crac da Bolsa de Nova York (1929)

Ao principio, os pequenos accionistas que solicitaran créditos para mercar accións puideron devolvelos. O proceso beneficiaba tanto a empresas como a particulares. Pero o crecente valor das accións non respondía ao valor que realmente tiñan as empresas, o que provocou unha burbulla especulativa.

O Xoves Negro e o Estoupido da Burbulla

Conscientes diso, algúns investidores comezaron a vender as súas accións, moi ben cotizadas, e esta inicial obtención de beneficios levou a outros accionistas a seguir o seu exemplo. Pero a oferta masiva de accións fixo que, pouco despois, os seus prezos baixaran e que se multiplicaran as vendas, ata que o seu valor se derrubou. Isto ocorreu un 24 de outubro de 1929 no que se coñece como o "Xoves Negro". A burbulla estoupou: foi o "crac" da Bolsa de Nova York.

Impacto Inmediato: Perdas e Suicidios

Moitas accións non atoparon comprador, polo que en poucas horas o mercado perdeu moitos cartos. Aínda que a xornada de maiores perdas foi cinco días despois, o "Martes Negro", cando os bancos esixiron o pago dos préstamos. As perdas foron de tal magnitude que algúns empresarios e accionistas, con todos os seus aforros perdidos, non soportaron a presión e suicidáronse durante os seguintes días.

As Consecuencias Globais da Crise de 1929

A falta de liquidez na banca e da capacidade de compra dos particulares, sumado ao aumento do paro e á caída dos prezos, deu como resultado o afundimento de moitas empresas e de ata 10.000 bancos. As accións non deixaron de baixar, o que dá unha idea do alcance do crac bolsista.

A Crise Global e a Gran Depresión

A interdependencia económica dos países e a redución da demanda interna desencadearon perdas que provocaron un descenso continuado da produción. Ao reducirse esta, incrementouse a cifra de desempregados, o que deu paso a unha crise xeneralizada que se globalizou, dando o salto a Europa, dependente dos préstamos e exportacións estadounidenses. Ademais, os norteamericanos tamén dependían das importacións dunha parte da súa produción agrícola que quedou minguada debido a un período de vento e seca, factores que, xunto coa crise financeira, provocaron a chamada "Gran Depresión", que acadou unha dimensión mundial.

Descargar

PDF Word HTML