O Contrato Social de Locke: Do Estado de Natureza ao Liberalismo
O Contrato Social e o Estado en Locke
Do Estado de Natureza á Sociedade Civil
Segundo o texto, o ser humano abandona o Estado de Natureza e crea a sociedade civil e o Estado porque o Estado de Natureza remata no Estado de Guerra. A propiedade privada e os dereitos naturais de cada un vense ameazados por unha loita de todos contra todos.
Esta situación de inseguridade e indefensión leva ao ser humano a decidir buscar unha solución comunitaria, boa para todos. Decide establecer un acordo, na forma de contrato social, polo cal cada un dos individuos decide renunciar á liberdade natural e aos dereitos individuais naturais de plena liberdade, por unha nova forma de organización: a sociedade civil, que necesariamente debe contar coa forma de Estado e á fronte cun gobernante.
O Estado como Poder Derivado do Contrato
O Estado convértese no poder. Un poder froito do contrato social libremente decidido polo ser humano que trata de buscar unha solución ao estado de guerra, en busca da nova paz e a seguridade, de procura da xustiza para a convivencia, imprescindible para poder vivir e manter a propiedade privada de cada quen.
Ao pactar libremente a creación do Estado outórgaselle ao soberano o poder que ten como finalidade garantir eses dereitos.
Dereito á Rebelión
De incumprir esta función, a sociedade podería anular o pacto e rebelarse contra o soberano (rexeitamento do poder natural e/ou absoluto, nin persoal nin institucional: A liberdade do individuo está por riba de todo). Isto implica un poder de control e revocación do poder por parte do individuo.
O Sistema Político Resultante: Liberalismo
O sistema político que resulta da forma do contrato social de Locke é o Liberalismo.
A Necesidade da División de Poderes
Conformado un novo modelo de organización e convivencia, a sociedade civil e o Estado, Locke formula a necesidade da división de poderes. A necesidade da división de poderes defendida por Locke pretende sobre todo evitar os abusos de poder e os desvíos da orde e a función atribuída polos cidadáns ao gobernante e á mesma configuración do Estado.
Poderes Distinguidos por Locke
Distíngue tres poderes:
- Poder Lexislativo: Radica no Parlamento. Función: elaborar as leis desde o principio de igualdade, imparcialidade e xustiza como respecto do ben común.
- Poder Executivo: Corresponde ao monarca e ao seu goberno. Función: aplicar as leis e sancionar o incumprimento destas.