Comercio Internacional, Balanza de Pagamentos e Tipos de Cambio
O comercio internacional
Consiste no intercambio de bens e servizos entre distintos países.
Medidas proteccionistas
Moitos países poñen obstáculos ao comercio internacional con este tipo de medidas.
Principais medidas proteccionistas
- O arancel: Imposto que grava as importacións de bens doutro país.
- Cotas e continxentes: Son limitacións do número de bens que se poden importar de determinados produtos.
- As medidas de efecto equivalente: Supoñen trabas ás importacións a través de complexos trámites burocráticos que acaban por reducir as importacións.
- O dumping: Medida pola que unha empresa vende os seus produtos con perdas para eliminar a competencia.
- As axudas ou subvencións a empresas nacionais ou as exportacións. Utilízase para eliminar a competencia de empresas estranxeiras.
A balanza de pagamentos
É un documento contable en que se reflicten todos os intercambios financeiros e económicos internacionais que ten un país durante un período de tempo determinado. A súa estrutura é a mesma para todos os países. Dentro dela distínguense a balanza por conta corrente, a balanza de capital e a balanza por conta financeira.
Balanza por conta corrente
Reflicte intercambios de bens e servizos entre un estado e o resto de países. Divídese en catro subbalanzas:
- Balanza comercial ou de mercadorías
- Balanza de servizos
- Balanza de rendas
- Balanza de transferencias correntes
Divisa
Unha divisa é calquera moeda que non sexa a propia utilizada no interior dun país.
Tipo de cambio
É o prezo dunha moeda respecto a outra.
Sistemas de tipos de cambio
O BCE de cada país decide como establecer os tipos de cambio entre tres sistemas:
- Tipos de cambio flexibles ou flotantes: É o sistema máis habitual e consiste en que as forzas do mercado determinan o tipo de cambio.
- Tipos de cambio fixos: Algúns países, para evitar as oscilacións constantes, ligan a súa moeda a outra máis importante, de xeito que cando a moeda de referencia se aprecia tamén o fai a que tomou ese sistema e cando se deprecia sucede o mesmo ca outra.
- Tipos de cambio axustables: Combina as vantaxes dos dous sistemas anteriores.