Ciclo Menstrual, Formación da Orina e Sistema Inmunitario

Medicina e ciencias da saúde2,53 KB

Ciclo Menstrual: Fases e Regulación Hormonal

O ciclo menstrual normalmente sucede cada 28 días, pero pode alterarse por anorexia, outras enfermidades ou un golpe. Ten 4 etapas:

  • Período menstrual

    Dura 4-5 días. Destrúese o endometrio, producindo unha hemorraxia.

  • Fase postmenstrual ou rexenerativa

    Vólvese a formar o endometrio e dura 9 días.

  • Fase de ovulación

    É o momento máis fértil, a partir do día 14.

  • Fase premenstrual

    Dura 13 días e é a fase na que o endometrio se vai degradando.

Dende o punto de vista hormonal, o ciclo comeza no hipotálamo. Este mándalle unha orde á hipófise (glándula hormonal).

A hipófise segrega dúas hormonas: a hormona estimulante do folículo (FSH) e a hormona luteinizante (LH).

Estas hormonas viaxan polo sangue ata chegar ao ovario. Levan a orde de que os folículos empecen a madurar. Os folículos pasan por diferentes fases: folículo primario, secundario, terciario e de Graaf (durante 14 días).

Formación da Orina: Etapas Clave

Consta das seguintes etapas:

  • Filtración glomerular

    Consiste no paso de certas substancias dende o sangue contido no glomérulo de Malpighi ao interior da cápsula de Bowman. Así se filtran a auga e a maioría das moléculas que circulan polo plasma sanguíneo. O líquido filtrado é semellante ao plasma sanguíneo, pero sen proteínas.

  • Reabsorción tubular

    No seu percorrido polo túbulo do nefrón, unha gran parte das substancias filtradas son reabsorbidas. Entre esas substancias atópanse os nutrientes. Así mesmo, son reabsorbidos os minerais e a auga necesarios para que se manteña constante a súa concentración no sangue.

O Sistema Inmunitario: Defensa do Organismo

O sistema inmunitario é o conxunto de mecanismos no interior dun organismo que teñen a finalidade de protexelo das doenzas, identificando e eliminando os axentes patóxenos. Debe detectar unha gran variedade de axentes e precisa distinguilos das súas propias células e tecidos para ser eficaz.

Diversos organismos desenvolveron mecanismos para recoñecer e neutralizar patóxenos. Mesmo os organismos unicelulares simples posúen un sistema de encimas para protexerse das infeccións virais. Outros mecanismos inmunitarios básicos desenvolvéronse nas antigas células eucariotas (células cun núcleo diferenciado).

Descargar

PDF Word HTML