Calibración e Tipoloxía de Sensores e Transductores

Electrónica2,63 KB

Calibración

Calibración: operación mediante a que se axusta a saída dun instrumento de tal xeito que coincida cos valores correspondentes de diversos patróns da magnitude a medir.

Características dinámicas

Resposta temporal

A aplicación de cambios na magnitude provoca unha resposta, unha evolución temporal da saída do instrumento antes de alcanzar o réxime permanente ou estacionario. Esta resposta pódese caracterizar mediante diferentes parámetros.

Resposta en frecuencia

Variación coa frecuencia da relación de amplitudes sinal de saída / sinal de medida, para unha medida de variación senoidal aplicada a un instrumento dentro dun campo establecido de frecuencias.

Tipoloxía dos sensores e transductores

Segundo a alimentación

  • Activos: actúan como xeradores de sinal, é dicir, xeran sinais representativas da magnitude física sen necesidade de alimentación externa (termopares, célula de carga piezoeléctrica).
  • Pasivos: deben formar parte dun circuito alimentado cunha fonte externa, pois non son capaces de proporcionar un sinal de forma autónoma (PT100, galgas extensiométricas).

Segundo o principio físico da transducción

  • Efecto resistivo: variación da resistencia.
  • Efecto capacitivo: variación da capacidade dun condensador.
  • Efecto inductivo: variación da autoindución dunha bobina.
  • Efecto piezoeléctrico: obtención dunha tensión eléctrica a partir dunha deformación dun cristal de cuarzo.
  • Efecto electromagnético: obtención dunha tensión inducida.
  • Efecto termoeléctrico: obtención dunha tensión eléctrica a partir da enerxía da luz (célula fotovoltaica).
  • Efectos ultrasónicos: variación da velocidade, do tempo de propagación ou da atenuación da onda propagada.

Transductores de presión

Tubo Bourdon

Consta dun tubo de sección elíptica enrolado como un arco circular. Ao aplicar presión, o tubo tende a desenrolarse e o movemento é transmitido a unha agulla indicadora.

Transductores resistivos

Son os transdutores máis sinxelos. Consisten nun elemento elástico (tubo de Bourdon ou diafragma) unido a un potenciómetro que varía a súa resistencia en función da presión. O movemento do elemento de presión transmítese a un brazo móbil illado apoiado sobre o potenciómetro de precisión, que está conectado a un circuito en ponte de Wheatstone.

Descargar

PDF Word HTML